GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 7 de junio de 2012

UN CLUBE DE LECTURA CONXUNTA CO IES R.O. do URUGUAI


Hoxe baixamos ao IES República Oriental do Uruguai para a nova convocatoria, un ano máis,  do clube de lectura conxunta.


O libro que estivemos a traballar foi La Rosa de los Vientos  da Editorial Vicens Vives ; unha  fermosa antoloxía poética  seleccionada por Juan Ramón Torregrosa e ilustrada por Jesús Gabán.
Fomos recibidos á porta do Instituto por un grupo de ex-alumnos e ex-alumnas pertencentes ao clube que nos guiaron á biblioteca, onde estaba o resto esperando por nós para dar comezo.

Non o poderíades nin imaxinar, pero fomos en total 38 alumnos e alumnas que demos lectura,  en parellas ou de xeito individual, a algún dos nosos poemas favoritos.

Dende grandes clásicos da Literatura Universal  como Gustavo Adolfo Bécquer, Antonio Machado, Espronceda, Lope de Vega... ata  autores máis actuais coma Antonio Carvajal, José Martí, Ángela Figuera... foron recitados con todo o noso entusiasmo.

Despois sortearon dous agasallos, dúas camisetas con logos de animación á lectura,  entre os participantes e tamén fomos invitados a  unha ríquísima merenda da que todos e todas disfrutamos.


Grazas a todas as profes pola súa adicación, e... a próxima convocatoria, no novo curso, será na nosa biblioteca!!!


.

No hay comentarios: