GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 6 de junio de 2012

UNHA VIAXE CULTURAL CON ALINE FRAZAO


Hoxe tivemos a sorte de contar coa presenza de Aline Frazao, unha  cantante angoleña afincada en Santiago de Compostela, coa que viaxamos ata tres países de  fala portuguesa que están no continente africano: Angola,  Mozambique e Cabo Verde .

Ademais de amosarnos  o máis bonito e atractivo destes países (cores, danzas, froitas tropicais, sol, calor), insistiu na defensa da nosa língua como vehículo de comunicación entre Galicia e Portugal e como conexión de sentimentos e reflexións.

A visita comezou amosando estes tres vídeos, onde apreciamos as características máis salientables destes países.




Pero a gran sorpresa foi cando colleu a súa guitarra e nos deleitou con  algunhas cancións que reflexan o espíritu destes países, de desexos de liberdade.

Nesta presentación podedes observar parte da charla- concerto con Aline.
Pero se ides a este enlace da páxina web do cole, podedes disfrutar dun par de temas cos que nos amenizou na súa visita e nos que nós tamén lle acompañamos.





Mentras  visualizas a presentación podes escoitar o tema Kamba de fala.


  






No hay comentarios: