GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 13 de junio de 2012

CLARA DO ROXO NO COLEXIO



Clara do Roxo estivo esta mañá no colexio para presentar aos alumnos e alumnas de 3º e 4º o último libro que publicou  na Editorial Galaxia, A  princesiña que conducía unha locomotora.

A historia dunha princesa que quería  ser maquinista dun tren e saír ao mundo a coñecer novas xentes e non só príncipes azuis...

Despois de contarnos como  chegou a escribir o libro, tamén nos falou da súa vida e do que está a traballar. 

Como agasallo deixounos para cada un de nós un marcapáxinas asinado.

Grazas Clara pola túa colaboración e por escribir historias tan fermosas!



1 comentario:

Clara dijo...

Grazas aos nenos, nenas e profes pola fermosa mañá que pasamos xuntos.


Clara do Roxo