Un orixinal vídeo creado sobre as marabillosas reflexións de Sir Ken Robinson.
Ken Robinson é un educador e conferenciante británico, especialista en creatividade, calidade do ensino e innovación educativa que, na década dos 80, se embarcou nun proxecto para mellorar o ensino e a aprendizaxe das artes nas escolas británicas.
No ensino, como en outros moitos aspectos da vida, parecen existir moitas verdades inamovibles. Pero... e se non fora así...? O autor propónnos superar algúns mitos:
- a dicotomía entre o "académico" e o "non académico";
- a "certeza" de que unha boa aprendizaxe só pode levarse a cabo individualmente;
- os "habitos" e "habitats" que ocupan institucions coma a escola.
Espero que disfrutedes deste magnífico vídeo, e que, sobre todo, vos fagades moitas preguntas.
Grazas, Ángel, por nos ofrecer este agasallo.

No hay comentarios:
Publicar un comentario