E a literatura bota man destes temas a cotío.
Baseándose no relato de Ánxel Fole titulado A lus do candil, ofrecémosvos hoxe esta curtametraxe: Os difuntos falaban castelao, realizada por Algarabía Animación e Lúa Films, co patrocinio da Xunta de Galicia. Recibiu o Premio Galiza no Certame Audiovisual do Casino de Vilagarcía, no ano 2001, e a Mención de Honra no Festival Internacional de Cine Inédito de Islandilla, no mesmo ano.
Grazas a Gloria, do IES Castelao (Vigo) por nos lembrar este marabilloso recurso que xa tiñamos esquecido.
E se queres ver mais videos, nesta ocasion, que relacionen musica e medo, visita As cousas de Avelino.

No hay comentarios:
Publicar un comentario