...O cumpreanos de Frianciño!!!
Como a nosa mascota cumpre anos o Día das Bibliotecas, durante esta semana imos festexar por todo o alto este acontecemento.
Que cantos anos cumpre...? Chsst...! Ese é un segredo moi ben gardado. Porque, como a algunhas mulleres, a Frianciño non lle gusta que ninguén lle pregunte pola idade.
Como en todo cumpreanos que se precie, fixemos unha tarta de moitas cores. Hum...! Todo o mundo quería saboreala. Logo, os profes repartiron caramelos. E agora, como estamos en débeda, esta semana teremos que preparar un agasallo para lle ofrecer a Frianciño.
Mirade aquí o ben que o temos pasado.
Feliz cumpreanos, Frianciño!

1 comentario:
Felicidades, Frianciño, e que cumplas moitos máis!! Unha aperta de Puca,dende Cervo, na Mariña de Lugo.
Publicar un comentario