GRAZAS!
A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.
Para vós, para sempre: GRAZAS!
domingo, 30 de noviembre de 2014
O PARTIDO DOS CAMPIÓNS
Visto polos nenos e nenas de 4º A.
A súa Nova da Semana tratou sobre este partido que tivo lugar no estadio de Balaídos hai unha semana.
viernes, 28 de noviembre de 2014
13 CURIOSIDADES DE 13 FAROS
Contadas polos alumnos e alumnas de 6º B.
No seu derradeiro Venres de Viva Voz no noso centro, os rapaces e rapazas de 6º B cóntannos curiosas historias de trece faros ubicados en distintas localizacións no mundo.
Parabéns!
jueves, 27 de noviembre de 2014
BAÑISTAS GALEGAS DE ONTE
No seu Venres de Viva Voz, os alumnos e alumnas de 6º A sorprendéronnos cun tema descoñecido para nós: o nome que recibían as bañistas galegas do interior que acudían á costa para tomar as augas.
Parabéns!
Imaxe: RENOIR. Las grandes bañistas. Dominio público.
miércoles, 26 de noviembre de 2014
martes, 25 de noviembre de 2014
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO
O pasado xoves día 20 de novembro os rapaces de 5º e 6º de Primaria poideron gozar dunha marabillosa visita: os alumnos e alumnas de 3º e 4º de E.S.O do IES República Oriental do Uruguai acudiron ó noso centro para compartir connosco os resultados dos seus experimentos.
Baixo a supervisión de Maite (profe de Bioloxía) e de Carmen (profe de Física e Química) e pertrechados coas súas batas brancas, os mozos explicaron con grande profesionalidade algúns dos seus traballos: estalactitas e estalagmitas caseiras, unha demostración da respiración pulmonar, a chuvia áceda, a formación de volcáns mariños, o campo magnético terrestre...
O desgaste foi grande. Por iso, á hora do recreo compartiron uns refrescos no comedor.
A cita foi a ocasión, para os mestres do cole, de nos sentir moi orgullosos do ramillete de ex-alumnos e ex-alumnas que viñeron compartir connosco os seus coñecementos e o seu saber facer. E ese esforzo merecía un premio. Por iso, Olga, a nosa directoria, entregoulles uns sinxelos agasallos polo seu esforzo.
Todo resultou unha ocasión estupenda para festexar que este novembro, que xa está a piques de rematar, ademais de ser o mes da Tradición Oral, tamén é o Mes da Ciencia en galego.
Moitas grazas, chicos! E moitas grazas, Maite e Carmen, pola vosa dispoñibilidade, a vosa colaboración (a pesar da dor de lumbago) e o voso entusiasmo!
UNHA VOLTA Ó MUNDO A TRAVÉS DOS MAPAS
O venres pasado, os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria disfrutaron dun obradoiro que formaba parte da campaña Impórtanos!, promovida polo Consello Municipal de Cooperación Internacional e Solidariedade.
Este obradoiro comezou cunha presentación moi interesante, onde os nenos e as nenas puideron ver as grandes diferenzas económicas que existen entre uns paises e outros. A riqueza está moi mal repartida. E, para verificalo, non hai máis que ver o mundo dende outra óptica: empregando o mapa de Peters en lugar da tradicional proxección de Mercator.
A continuación, os rapaces fixeron xogos cos que se deron conta de que o reparto de riquezas é moi desigual: se uns teñen moito é porque outros teñen pouco.
Concluímos falando da importancia das ONG, que poden axudar a sensibilizar sobre estes problemas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)



