Con Henar e Maite, as súas profesoras, ó frente.
O luns e martes pasados (28 e 29 de abril) estiveron compartindo a mañán connosco os membros do
Clube de Lectura de 3º da ESO do noso
IES de referencia (
República Oriental do Uruguai). Isto permitiunos retomar o contacto con algúns dos nosos alumnos máis queridos:
Alba, as
Saras,
Vicente,
Alicia... que estiveron acompañados por dúas novas compañeiras:
Ana e
María.
Con moita ilusión e moito traballo prepararon para os máis cativos os contos de
Garavanciño e
A Mosca Chosca. E para os de 1º curso de Primaria,
Os catro amigos e
O galo Quirico.
Rematado o conto, axudaron á rapazada a desenvolver as actividades que tiñan preparadas. E gozaron todos: os cativiños e os invitados.
Como é de ben nados ser agradecidos, o seu esforzo foi premiado cunha pequena merenda e cun agasallo que lles entregou
Olga, a nosa directora.
Moitas grazas, chicos e profes, por esta mañán tan deliciosa e engaiolante!