GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 31 de marzo de 2015

MARZO: UN MES MOI POÉTICO



Unha poesía para cada día.

Este curso quixemos dar relevancia á poesía, adicando non un día, senon todo un mes, á súa lectura. Por suposto, a nosa idea foi vencellar os poemas elixidos ó noso PDI (Un mar de linguas).

Comezamos, pois,  o mes de marzo presentando unha Escolma poética (seleccionada polo Equipo de Biblioteca) para traballar durante todo o mes:



Nas xornadas previas ó 23 de marzo (Día da Poesía) o alumnado bibliotecario tivo un papel relevante: cada día, un rapaz ou rapaza leu un poema, que publicamos puntualmente no noso blog. Así creamos unha colección titulada Lendo nas ondas, coa súa propia canle de Ivoox. (Preme na imaxe para escoitala).



Para o Día da Poesía propuxemos ó alumnado de Primaria un Concurso de Recitado, de carácter voluntario, sobre poemas vencellados co noso PDI. A esta actividade titulámola Recitando nas ondas. Os vídeos gravados publicámolos diariamente, os días posteriores ó 23 de marzo. Podes consultar a recopilación premendo na seguinte imaxe:



Agora xa só queda que o noso xurado decida outorgar o premio ós mellores recitadores. Pero iso xa volo contaremos noutra ocasión!

Imaxe: Dominio Público

CONCURSO DE RECITADO


Cos alumnos de 5º B. 

Tres alumnos de 5º B recitan este poema sen título de Xesús Franco.

lunes, 30 de marzo de 2015

A CANCIÓN DO PIRATA


Interpretada polos alumnos e alumnas de 5º A.

Para participar no noso Concurso de Recitado, os alumnos e alumnas de 5º A recitaron este famoso poema de José de Espronceda.


O ACCIDENTE AÉREO DOS ALPES


A Nova da Semana de 5º A.

Os rapaces e rapazas de 5º A teñen investigado sobre a nova - estrela desta semana: o accidente de avión nos Alpes que, esta semana, ten conmocionado a todo o mundo.

domingo, 29 de marzo de 2015

BARCO


O poema de 4º B.

Para participar no noso Concurso de Recitado, este grupo de alumnos e alumnas de 4º B de Primaria prepararon este poema, escrito por Rafa Vilar.


Imaxe: Dominio Público

A NOVA DA SEMANA DO 9 Ó 13 DE MARZO


Cos rapaces e rapazas de 3º B.

Cun pouco de retraso, presentámosvos o resultado da análise da prensa diaria realizada polos alumnos e alumnas de 3º B de Primaria.


Bo traballo, chicos!

sábado, 28 de marzo de 2015

MAR


De Rafa Vilar.

Un grupo de alumnos e alumnas de 4º A recitan este poema, participando así no noso Concurso de Poesía.



Imaxe: Dominio Público

jueves, 26 de marzo de 2015

MAPAMUNDI


3º A participa no Concurso de Recitado.

Un grupo de alumnas de 3º A recita este poema, no marco do noso Concurso de Recitado Lendo nas ondas.


Imaxe: ABRAHAM ORTELIUS. Typus orbis terrarum. CC BY.

ACTIVIDADE FAMILIAR POLO DÍA DO LIBRO



Un libro artístico.


É de sobra coñecida a creatividade das nosas familias. Por iso vos convidamos a crear un fantástico libro co tema do noso PDI: Un mar de linguas

Na exposición de fin do proxecto do curso pasado tivemos a oportunidade de contemplar os traballos creados polos alumnos do IES Mendinho de Redondela. Lembrámolos a continuación:





Con todos os vosos traballos organizaremos unha exposición para conmemorar o Día do Libro. Por iso o último día para entregalos será o 20 de abril. 

Podedes tamén documentarvos neste enlace, onde os libros están realmente convertidos en obxectos artisticos: 

http://www.taringa.net/posts/imagenes/8935390/Libros-transformados-en-arte.html


Grazas, e... moita creatividade!

Imaxe: MUNICIPALIDAD DE MIRAFLORES. Taller de arte para padres e hijos en la Sala Luis Miró Posada. En Flickr. CC BY

miércoles, 25 de marzo de 2015

SEGUIMOS RECITANDO


É o turno dos cativos.

Un grupo de nenos e nenas de 2º A recitan Amanecía en el naranjel,  poema de Federico García Lorca, no marco do noso Concurso de Recitado.


Imaxe: Dominio Público

FALANDO SOBRE...



Dúas bágoas por Máquina.

O pasado xoves día 19 de marzo, un grupo de alumnos e alumas de 4º A de Primaria (e mais o seu titor) participamos nunha nova experiencia: unha introdución ós clubes de lectura.

Reunímonos na Aula de Música (á hora do recreo a Biblioteca estaba chea de actividade) para charlar en torno a un dos libros de lectura obrigatoria: Dúas bágoas por Máquina, de Fina Casalderrey.

Todos (alumnos e profes) saímos da xuntanza moi satisfeitos, primeiro (como non) polas galletas, que estaban boísimas e voaron axiña. E segundo, e máis importante, porque todos (incluso os máis tímidos) acabamos falando.

Aquí vos deixamos algunhas fotos. Esperamos que os rapaces fagan tamén os seus propios comentarios sobre esta nova experiencia.




martes, 24 de marzo de 2015

RECITANDO A ESPRONCEDA


La Canción del Pirata.

Cinco alumnos e alumnas de 6º B interpretan este famoso poema, para participar no noso concurso Recitando nas ondas.

lunes, 23 de marzo de 2015

SEGUIMOS RECITANDO NAS ONDAS


Tío Emilio, mariñeiro de Cangas.

Dúas alumnas de 6º A recitan este poema de Bernardino Graña, participando así no noso Concurso de Recitado.

domingo, 22 de marzo de 2015

RECITANDO NAS ONDAS


Concurso de Recitado polo Día da Poesía. 

Coincidindo co Día da Poesía, dende o Equipo de Biblioteca propuxemos un concurso de poesía de carácter voluntario. A temática a tratar será o mar, e o máis valorado, a dicción e unha recitación que contribúa a comprender o siñificado do poema.

Como neste fin de trimestre temos moitas cousas que facer e non damos avío, iremos, día a día, presentándovos un vídeo.

Comezamos con estes catro alumnos e alumnas de 5º B, que nos recitan Homenaxe.




PREPARÁNDOSE PARA CONTAR CONTOS


Medrará a canteira de contadores de historias?

Durante este trimestre, algunhas alumnas bibliotecarias están a traballar arduamente, preparando as súas historias para contar ós máis cativos.

É o caso de Aine e Sheila, que, na actualidade, xa se teñen "lanzado" a este máxico mundo. Pero, antes, tiveron que practicar, e moito. Aquí as vemos, durante un recreo, practicando e recibindo críticas construtivas de compañeiras e profes.



Damos as grazas ás profes Ana A., Luz e Isabel por axudarnos nesta tarefa. 

jueves, 19 de marzo de 2015

PACO


Nas Tardes de Contos.

O pasado 3 de marzo estivo connosco Ana, a nai de Aldara (5º A), que nos contou un precioso conto: Paco.

Como non podía ser doutro xeito, os rapaces crearon no obradoiro conseguinte graciosos ratiños.

CÓMICS Ó SOL


Lendo os empréstitos do CFR de Vigo

Hai uns días, dende o CFR de Vigo recibimos emprestada unha mochila de cómic. Para lle dar visibilidade aproveitamos o bo tempo e encargamos a algúns alumnos para que a deran a coñecer durante o recreo.

A mochila suscitou moito interese. Por si non o credes, aquí están as imaxes. Pura evidencia!

EN RANDE HOUBO UN CASTELO...


... que o progreso se encargou de destruír. 

Este curso, os nosos alumnos de 5º A están a investigar sobre a Batalla de Rande. Moitas cousas sabemos dela, pero... cantos de vós sabiades que existía un castelo que tivo un importante papel na contenda...? E que ese castelo foi derrubado nos anos 70, cando se construíu a Ponte de Rande...?

Estes días en que se está a falar da ampliación da ponte, a historia do castelo volta xurdir con forza. Seremos quen de conservar os escasos restos que aínda perduran...?

A profe Montse achegounos esta reportaxe do Faro de Vigo onde atopamos unha información ben interesante:


Grazas, profe...!

Imaxe: Contando Estrelas. Puente de Rande. En Flickr. CC BY SA

OS PIRATAS LIMPOS



O Venres de Viva Voz dos nenos e nenas de 4 anos B.

Estes rapaces están feitos uns piratas. Pero son uns piratas moi especiais. Nada de ter o barco cheo de lixo e desordeado. Eles sonvos moi limpiños. E neste vídeo cóntannos como facer.


martes, 17 de marzo de 2015

YUMI


O conto de Nuria e Maya.

O pasado 24 de febreiro estivo connosco, participando nas Tardes de Conto, Nuria, a mamá de Maya, que nos contou o conto titulado Yumi.

Logo tocou obradoiro, lembrando as "mariquitas" que tanto nos gustaban cando eramos cativos.



Grazas, Nuria! E Maya!

lunes, 16 de marzo de 2015

SISUDOS XERMANOS...




O poema de hoxe.

Lía, a nosa alumna bibliotecaria, recita este poema de Xesús Franco.





Imaxe: "Titanic" by Unknown - http://students.umf.maine.edu/~hartwenr/webquest/teacherpage/titanic%20in%20dock.jpg. Licensed under Public Domain via Wikimedia Commons - http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Titanic.jpg#/media/File:Titanic.jpg

A NOVA DA SEMANA DE 3º A




Correspondente á semana do 2 ó 6 de marzo.

Cun pouco de retraso achegámosvos a Nova da Semana dos nenos e nenas de 3º A. Un estupendo traballo cun magnífico resultado.

domingo, 15 de marzo de 2015

O CAPITÁN ATRASABA AS AGULLAS DO RELOXO



O poema co que comezamos esta semana.

Aine, alumna bibliotecaria, recita este poema de Xesús Franco.

O NOSO COLE, EN MILÁN


Co proxecto do curso pasado.

O noso proxecto do curso 2013 - 2014 (A lingua sabe a mar) viaxou a Milán, da man das Asesoras de Linguas Estranxeiras do CFR de Vigo, Conchi e Mónica. Alí participaron nun grupo Erasmus + no que interveñen varias entidades europeas.

Se premedes na imaxe veredes o contido da súa exposición.


E aquí está o vídeo de agradecemento que nos achegan. Que gusto ver a tanto estranxeiro falando galego...!



Pois nada...! Moitas grazas a vós...!

PARA SER UN BO PIRATA



Prepara o teu equipo!

Os rapaces e rapazas de 4 anos A cóntannos, de xeito rimado, todo o que necesitades para ser un bo pirata. Isto ocurríu no seu Venres de Viva Voz.


jueves, 12 de marzo de 2015

SÓLO EL MAR



O poema do día.

A nosa compañeira de 3º B Sheila G. é unha entusiasta dos poemas. Os seus empréstitos semanais adoitan ser libros de poesía.

Hoxe chegou á Biblioteca sinalando un poema sobre o mar que atopara. Así que... aquí a tendes, lendo Sólo el mar, de Mª Cristina Ramos Guzmán.

miércoles, 11 de marzo de 2015

A EMIGRACIÓN EN GALICIA



O Venres de Viva Voz de 5º B.

Os rapaces e rapazas de 5º B presentan, para o seu Venres de Viva Voz, este completo estudio sobre as diferentes fases da Emigración en Galicia.


Parabéns, chicos!

Imaxe: By Underwood & Underwood (Library of Congress) [Public domain], via Wikimedia Commons

HOMENAXE




O poema de hoxe.

Recollido dun poemario de Xesús Franco, Mikel, o noso alumno bibliotecario, recita este poema.



Imaxe de Dominio Público

lunes, 9 de marzo de 2015

O MAR NON É NADA


De Xesús Franco.

Poema recitado por Iria, alumna bibliotecaria.

ISABEL ZENDAL, A PRIMEIRA ENFERMEIRA



Unha presentación para os máis cativos de Primaria.

A profe Elisa ten elaborado esta presentación para achegar dun xeito máis sinxelo este personaxe ós nenos e nenas de 1º e 2º curso de Primaria.

domingo, 8 de marzo de 2015

UNHA MULLER NA PRIMEIRA XESTA SANITARIA



Isabel Zendal, filántropa e pioneira. 

Ata hai unhas semanas, pouco sabiamos desta muller forte e emprendedora. Un artigo periodístico publicado no Faro de Vigo púxonos ó corrente desta historia que tan ben acae ó noso PDI deste curso: Un mar de linguas.

Aló polo ano 1773, parte de A Coruña unha corbeta cunha misión sanitaria: levar a América a vacina da viruela, enfermidade que, por aquel entonces, dezmaba á poboación de todo o mundo. Esta expedición filantrópica coñécese co nome de Expedición Balmís, o apelido do médico encargado da mesma.

Pero o doutor Balmís non ía so. Acompañábao unha grande muller sen a que, probablemente, a expedición tería sido un fracaso: Isabel Zendal. Ela demostrou que a navegación tamén é cousa de mulleres. E así, se convertíu na primeira enfermeira coñecida e recoñecida.

Ela será obxecto de estudio esta semana en Primaria. Con ela celebraremos o Día da Muller Traballadora:
Vaia regalo para o noso PDI!


Imaxe: CARONIUM.  Monumento homenaxe expedición Balmis Coruña. En Wikimedia Commons. CC BY SA



ENTRE AS BRÉTEMAS DE AGOSTO


O noso poema para hoxe. 

A nosa compañeira bibliotecaria Carla recita este poema de Luis de Camoes.


DELETREO EN INGLÉS



Un concurso no que participan os nosos alumnos de 5º curso de Primaria. 

Da gusto ter reporteiros tan serios e responsables!

Achegámosvos a crónica que nos ten enviado Ana Álvarez Franco, a nai de Roque. Mágoa perdernos esta interesante actividade. Pero grazas á súa detallada información, é como se tiveramos estado alí.

O venres 6 de marzo dous alumnos de 51, Cristian e Roque, participaron no Spelling Bee.

Participaban vintedous colexio, e aínda que os nosos rapaces non pasaron das primeiras rondas (os nervios poideron con eles) foi unha grande experiencia.

Grazas ás profes Montse e Luz, que foron a apoialos, e ós compañeiros que tamén estiveron. E á Dire, que presentou o acto en calidade de Concelleira de Educación.

Esperamos que o vindeiro ano os representantes do colexio teñan máis sorte!

Grazas, Ana!

miércoles, 4 de marzo de 2015

ESTAI


O poema de hoxe.

Poema de Xesús Franco recitado por Lucía V., alumna bibliotecaria.






Imaxe:"Krabbenkutter Ivonne Pellworm P5242390jm" by Original uploader was Jom at de.wikipedia - Transferred from de.wikipedia(Original text : Joachim  Müllerchen). Licensed under CC BY-SA 2.0 de via Wikimedia Commons - http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Krabbenkutter_Ivonne_Pellworm_P5242390jm.JPG#mediaviewer/File:Krabbenkutter_Ivonne_Pellworm_P5242390jm.JPG

martes, 3 de marzo de 2015

lunes, 2 de marzo de 2015

LENDO NAS ONDAS


Emigrantes no mar.

O 21 de marzo celebraremos o Día da Poesía. E para ir preparando este evento, cada día da semana, os alumnos bibliotecarios van recitar un poema.

Nesta ocasión, Xabi recita Emigrantes no mar, de Bernardiño Graña.

domingo, 1 de marzo de 2015

HOMENAXE A ROSALÍA


Pra Habana.

Este curso estamos a traballar no noso cole sobre o PDI Un mar de linguas. Un dos temas que nos está a dar máis xogo é o da emigración. E, como non, Rosalía non podía ser allea a aquela realidade que, na súa época, baleiraba as aldeas de xente nova que buscaba un futuro mellor alén do mar.

Pra Habana, un dos poemas de Follas Novas, reflicte todos os estadios polos que pasa o emigrante: a pobreza, a esperanza, o medo, a morriña, o éxito, o fracaso... Sacar a relucir todos estes sentimentos era o obxectivo do noso traballo.

Así que dividimos este extenso poema entre todos os grupos do colexio. Cada un debía analizar o seu fragmento (contextualizado no conxunto do poema) e identificar o tema principal. Con esta palabra chave, buscaron na Internet imaxes libres de dereitos que poideran simbolizar esas palabras.

Cinco dos nosos alumnos bibliotecarios recitaron cadanseu fragmento. E, con todos estes elementos, e unha fermosa música libre de dereitos, creamos o noso vídeo - homenaxe a Rosalía deste ano 2015.

Esperamos que vos guste.