Compartindo a nosa lectura cos membros do club.
A semana pasada (o mércores e o xoves) reunímonos na Biblioteca cos membros dos dous clubes de lectura de 6º curso: Os lectores de Frian e Os libros molan. Nesta ocasión, arredor dunha boa lectura: Matilda, de Roald Dahl.
Coma sempre, foi unha xuntanza moi enriquecedora. Gustaríanos que os pais e as nais poidérades compartir connosco estas conversas tan maduras dos vosos fillos e fillas. Nós estamos realmente impresionadas.
Aquí vos deixamos algunhas das imaxes:
E dúas anécdotas:
- Ambos os dous grupos preguntáronse: e que sería de...? Así que nos propuxemos un traballo extra: escribir. Uns, sobre o que pasou coa señorita Trunchbull; outros sobre que pasou coa familia de Matilda.
- Andrés descubríu que, no noso colexio, existe unha Matilda. É máis ben cativiña. Cursa 2º de Primaria e, sempre que pode, está a ler. Que vos parece...?
Estamos desexando ler as vosas historias. Ánimo!


No hay comentarios:
Publicar un comentario