Nas Tardes de Conto.
O pasado xoves día 20 de marzo
tivemos unha nova sesión de Contacontos. O conto que desta vez
puidemos desfrutar foi Pirracas e as patacas, narrado por Pili, a nai de Lucía (4º B).
A continuación, e coas patacas i
envases de iogur que se solicitaron para o obradoiro, cada un/unha
fixo a súa propia pataca, pintando, recortando, pegando... e
acadando divertidos e sorprendentes resultados...
Grazas Pili e Lucía, por unha tarde tan divertida. E grazas tamén ó profe Abel pola súa crónica.

No hay comentarios:
Publicar un comentario