A semana pasada sorprendíanos a incorporación de dúas mulleres á Academia Galega das Ciencias. Dende a súa fundación (no ano 1977) tan só unha muller formara parte dela, sendo a presenza feminina inexistente dende hai vintecatro anos. Sen embargo, o número de mulleres investigadoras é crecente, e o obxecto das investigacións que desenvolven moi relevante.
Tal é o caso dunha das novas académicas, Alicia Estévez, experta en acuicultura.
O caso de Alicia Estévez, cuios estudios están tan vencellados ó tema do noso PDI (A lingua sabe a mar), dános pé á seguinte reflexión: que presenza ten a muller nun mundo (aparentemente) tan masculino coma o do mar?
Tradicionalmente, o traballo do home que viña do mar remataba cando chegaba a porto e descargaba o barco. Nese intre comezaba a tarefa da muller, encargada da venda do produto, xa fora na lonxa, xa fora vendéndoo de aldea en aldea ou intercambiándoo por produtos agrícolas. Iso facía da muller a dona dos cartos e da despensa.
Coa progresiva industrialización do sector, a muller vaise incorporando a outras tarefas, neste caso, como empregada. Coa chegada dos fomentadores cataláns a mediados do século XVIII as mulleres comezaron a ser contratadas de forma masiva como man de obra barata e pouco calificada, para traballar nos almacéns de salga e na incipiente industria conserveira:
Dende entón, certos traballos do mar aparecen vencellados ó mundo feminino:
- estibadoras ou espichadoras: encargadas de cargar e descargar as mercancías dos barcos na lonxa, ou de colocalas ordeadamente en caixas. Fíxate que importancia tiña este oficio que unha folga de estibadoras paraliza o Berbés en 1909.
- empregadas da industria conserveira;
- atadeiras ou redeiras:
- mariscadoras:
Hoxe en día, a muller segue a vencellarse laboralmente co mar, en moitas ocasións, con iniciativas emprendedoras. Neste vídeo achegamos algúns exemplos. Sirvan coma homenaxe a todas esas grandes mulleres do mar que, durante séculos, estiveron sempre detrás dos esforzados mariñeiros.
Feliz Día da Muller Traballadora!

No hay comentarios:
Publicar un comentario