GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 31 de octubre de 2012

CUN CONTO, A MERENDA SABE MELLOR



Non tedes máis que ver o atentos que estaban os cativos. 

Por sorpresa, hoxe enterámonos desta actividade que, voluntariamente, desenvolven Lhorrana, Helena e Inés: nalgúns recreos, suben á Biblioteca, elixen un libro, e van á clase de 4 anos B, onde están os irmáns pequenos de Inés.

E aí os vedes a todos, felices e contentos.

E porque as fotos non teñen son. Pero asegurámosvos que estaba todo o mundo moi atento e reinaba un grande silencio.



Parabéns por esta fermosa iniciativa!

martes, 30 de octubre de 2012

A CUNQUIÑA SAÍULLE FAMILIA



Polo que se ve, o noso alumnado está entusiasmado con Cunquiña.

Porque, polo corridor, atopamos a algúns dos seus parentes.

Comezou Carla, que, coa axuda da súa avoa, trouxo unha preciosísima marioneta. Bo traballo que lles deu! Agora xa ten unha nova compañeira... mentras non chegan outras máis, que estes rapaces e rapazas de 4º B sonvos moi creativos.



Grazas por nos agasallar a vista!

lunes, 29 de octubre de 2012

E NO DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES COÑECIMOS A CUNQUIÑA


Coincidindo co quinto aniversario da nosa Biblioteca, presentamos un novo personaxe. 

Foi unha celebración sinxela pero emotiva. Frianciño presentounos a unha nova amiga: Cunquiña. Con ela imos tentar recuperar, este curso, parte da nosa sabedoría popular. Aquí tendes a proposta de traballo que seguimos.

Agora, todas as clases estamos ilustrando de xeito colectivo o conto de Cunquiña. En canto o teñamos, darémovolo a coñecer.

Ademais, nos últimos días estivemos a traballar para mellorar a organización da nosa Biblioteca: facendo un grande expurgo, reorganizando os andeis e clarificando a sinalización. Frianciño tamén ten deixado a súa pegada para organizar mellor o empréstito.


O noso lar progresa sen pausa, paseniñamente.

domingo, 28 de octubre de 2012

ENCHENDO A CUNCA DA SABEDORÍA



Queredes, entre todos, encher a Cunca da Sabedoría?

O vento baleirou a nosa Cunquiña, e agora tócanos a nós enchela. Por iso propómosvos esta actividade. 

Trátase de falar, e, sobre todo, de escoitar. Todos temos uns pais, uns avós ou uns veciños que teñen boa memoria e lembran moitas historias e anécdotas da súa nenez. Fáinolas chegar. 

Como...? Pois tes dúas opcións: 
  • podes gravar as súas palabras e enviarnos o arquivo a través do correo electrónico; 
  • se te é máis cómodo, podes escribirnos todo e achegárnolo tamén por correo electrónico. 
friancinhojones@gmail.com

Para darvos ideas, déixovos varias parrafadas da Señora Olga. Na primeira fala dos traballos que, nas terras de labranza, se facían no Outono



Neste outro podcast a Señora Olga fala dalgunhas tradicións propias do mes de novembro.



Un dos grandes intres do mes de novembro é a matanza. Aquí a Señora Olga lembra como se elaboraban os produtos derivados do porco



E agora tócavos a vós. Seguro que na vosa zona facíase doutro xeito. Ou talvez podedes completar a información con novas lembranzas. 

Colaborade para encher a Cunca da Sabedoría!


CON QUE IMAXE MÁXICA COMPARARÍAS A LINGUA...?



Todos temos gardadas na nosa retina fermosas imaxes que nos lembran intres máxicos e marabillosos. 

Na pasada proposta do noso Concurso A voltas coa lingua, o noso compañeiro Ángel Portela (5º B) deunos esta fermosa resposta:


Para min, a lingua é como un atardecer de cores

Con que imaxe máxica compararías a lingua...?

Podes dar a túa resposta enchendo o seguinte formulario.



SÓUBONOS A...



A nosa última pregunta quincenal era: A min sábeme a...

En primeiro lugar, temos que vos felicitar. Se na primeira pregunta respostastes 40 persoas, na segunda fostes 54. Isto vaise incrementando!

E como temos que ler de todo, incluso estatísticas, achégovos a comparativa da vosa participación. Seguro que sodes quen de aprender a interpretalas. 


Como vedes, as respostas son moitas e non resulta doado transcribilas todas aquí. 

Facendo unha análise, podemos dicir que, nunha grande medida, a lingua sábevos a Tradición:
      • Ás filloas caseiras. (Estevo Rodríguez Gallego - 6º B)
      • A min sábeme a cocido porque é un prato tradicional galego e está boísimo. (Ángela Alonso González - 6º B)
      • Para mín, a lingua sabe a polbo. (Lucas Amoedo Rodríguez - 5º A)
      • A pan de millo recén feito. (Claudia Perez de Lis Redondo - 1º B)
Segundo as vosas respostas, a Lingua tamén é sinónimo de Frescura, de Froita Fresca e de Xeados: 
      • A min sábeme a auga fresca e fría. (Bogdan Boros - 5º B)
      • A mín sábeme a gloria, a gloria fresca. (Maria Tellado Muiños - 5º B)
      • A lingua é exquisita como a froita, a froita fresca. (Ares Rodríguez Rodríguez - 5º B)
      • A mín sábeme a moras porque para mín é a mellor froita. (Gabriel Fontenla Alonso - 6º B)
      • Eu creo que a lingua sabe a noces recén collidas. (Laura Martín Fernández - 5º B)
      • A mín a lingua sábeme a castañas recén feitas. (Silvia Mete Vázquez - 5º B)
      • É un sabor moi parecido ás framboesas. (Inés Machado Cruz - 5º B)
      • Eu a compararía co sabor da sandía en verán. (Nieves Rodríguez Salvador - 5º A)
      • A xeados (de chocolate, de limón, de amorodo, de vainilla...). (Varias respostas).
Finalmente, está a sección dos larpeiros
      • A lingua sábeme a lambonadas porque doce é o sabor que me queda cando me arrolan nela. (Lucia Alonso Gonzalez - 4º A).
      • Pois a min sábeme a chocolate e máis a gusanitos, pois ambas as dúas cousas gústanme moito. (Sandra Alperi Alonso - 2º A)
      • A mín sábeme ao sabor doce do pastel. (Gael Alonso Moreno - 5º A)
      • A lingua pode saber aos biscoitos esponxosos e doces. (Ivan Calvo Álvarez - 5º A)

Como vedes, todas son respostas ben fermosas. 

Grazas por participar, e... preparados para contestar á seguinte cuestión!


lunes, 22 de octubre de 2012

FORMÁNDONOS COMO USUARIOS NA BIBLIOTECA


Actividades para aprender e disfrutar.

A semana pasada, Frianciño detectou moita actividade entre o alumnado do Terceiro Ciclo de Primaria: a biblioteca fervía de rapaces e rapazas buscando información entre as obras de referencia. A proposta era o traballo semanal de Formación de Usuarios, e estas son algunhas das imaxes, nas que podemos ver ó alumnado de 5º B en plena acción.



Por outra banda, as actividades coa C.D.U. propostas en sesións anteriores animaron á rapazada de 6º B a catalogar os libros que, procedentes dos seus fogares, atesouran na súa aula. Aquí están todos afanados.





jueves, 18 de octubre de 2012

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES


Como cada ano, o 24 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares

Para festexalo como é debido, temos programado unha actividade lúdico - creativa.

En primeiro intre, leremos o conto creado pola nosa compañeira Charo, titulado A historia de Cunquiña.  Esta historia transportaranos a Mondoñedo, onde coñeceremos a Álvaro Cunqueiro, quen este curso está a nos acompañar no noso Proxecto Documental Integrado.

Para coñecer máis polo miúdo a este grande escritor tan vencellado á nosa cidade, achegámosvos este curto vídeo. É un dos capítulos do fantástico programa Ben falado (CRTG).





E para rematar, aquí tendes un pequeno agasallo: trátase dunha divertida curta de animación realizada por Virginia Curiá e Tomás Conde. Está inspirada nun relato de Álvaro Cunqueiro, un grande coñecedor de personaxes máxicos. O seu título: Alistán, o demo oveiro. Seguro que pasades un rato moi divertido.






Feliz Día (e Semana) das Bibliotecas Escolares. 

E... preparados para seguir creando, porque o conto dará para moito máis...!


lunes, 15 de octubre de 2012

LITTLE NEMO, NUN DOODLE


Sabes que é un doodle...?

É unha palabra inglesa que, en galego, siñifica garabato. É o termo que utiliza Google para definir o debuxo que da entrada á súa páxina.

Dende o 30 de agosto de 1998, de cando en vez, Google cambia o logo da súa web para conmemorar algún acontecemento especial.

O luns día 15 de outubro de 2012, Google quixo conmemorar o 107 aniversario da publicación de Little Nemo, unha historieta senlleira na historia do cómica, creada por Winsor McCay. Así, neste día, Google publicou o doodle interactivo máis longo da súa historia. Fermosísimo. Mágoa que só durase un día.

Pero neste enlace de La Voz de Galicia podedes visualizar un vídeo elaborado co dito doodle. E podedes informarvos ampliamente sobre Little Nemo e o seu autor.

Fermoso xeito de celebrar este aniversario!

domingo, 14 de octubre de 2012

A MÍN SÁBEME A...



A lingua é exquisita coma o pan.

Iso era o que nos dicía o noso compañeiro Ivan Calvo na primeira proba do noso Concurso A voltas coa lingua.

Iso debía pensar tamén Cunqueiro cando dixo:  A lingua sabe a pan... a pan fresco.

Cunqueiro tiña un bo padal, e, posiblemente consideraba que o pan era un dos alimentos máis exquisitos.

E para ti...?

Cal é ese sabor tan marabilloso co que compararías ti a nosa lingua?

Cóntanolo a través deste formulario.

E CUNQUEIRO QUERÍA DICIR...


Xa temos aquí as respostas á primeira pregunta do noso concurso A voltas coa lingua

Para ser a primeira vez, participou no concurso un bo número de rapaces: corenta. Ante a imposibilidade de compartir todas, mostrámosvos as respostas que máis lle gustaron a Frianciño:


      • A lingua é moi importante para a nosa vida. Como o pan, que tamén é un alimento necesario para vivir. (Andrés López - 5º A)
      • Según a miña opinión, o que quere dicir Cunqueiro é que cando o pan está croxente e fresco sabe a gloria, o sea que sabe moi ben. Por iso, unha lingua ben expresada e ben tratada é unha delicia. (Rebeca Alperi - 5º A)
      • Creo que Cunqueiro queria dicir que é rica en términos. (Marta González - 5º A)
      • Eu creo que quere dicir que o pan aporta moitos hidratos, e se tes fame podes comer un anaco e se te quita a fame. A lingua nos enriquece de palabras novas. (Lucía González - 5º A)
      • A lingua sabe a pan significa  que a lingua é exquisita. (Ivan Calvo - 5º A)
      • Que a lingua é coma o pan, e o pan gústalle a todo o mundo, porque o pan fresco está riquísimo. (Ariadna González - 5º A)
      • Que uha lingua soa ben e ten gusto cando se fala ben. (Helena Martínez - 5º B)
      • Porque a lingua e boa coma o pan. (Ainhoa Rodríguez - 5º B)
      • Eu creo que se refire a que a lingua era boa coma o pan, era fresca. (Silvia Mete - 5º B)
      • Pues yo creo que lo dijo para que nos diésemos cuenta de que si no decimos las cosas a su debido tiempo luego no podemos decirlo. Lo que pasa cuando caduca el pan: non se pode comer. (Yago Álvarez - 6º A)
      • Quiere decir que la lengua es buena y que te gusta mucho utilizarla para hablar como a mí me gusta el pan para comer. (Iago Álvarez - E.I. 3 A)


Fermosas, non si...? 

Pois moitas grazas a todas e a todos (a todos e cada un deses corenta) os que tedes participado nesta ocasión. E preparade o teclado para a seguinte proposta que xa "se está a cocer".

Lembrade que Frianciño premiará a vosa participación. 

CAMIÑO DA LINGUA


Os alumnos e alumnas de 5º curso de Primaria participaron no obradoiro Camiño da Lingua

A proposta do Equipo de Normalización Lingüística do noso centro, desenvolveuse o obradoiro Camiño da Lingua.

O obxectivo deste obradoiro é o achegamento da rapazada á lingua galega. Para iso, as monitoras (Ana e Patricia) propuxeron diversos concursos e xogos con refráns e adiviñas. Tamén aprendimos moitas cousas sobre a nosa cidade.

Podedes ver o ben que o pasamos nesta reportaxe gráfica.





viernes, 5 de octubre de 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS EN RUTA



Un ano máis, as Mochilas Viaxeiras inician unha viaxe chea de emoción. 

Un montón de libros que ler, personaxes que descubrir, lugares que explorar, músicas que escoitar... Unha auténtica aventura para vivir en dez días.




Iso debían esperar os nosos alumnos e alumnas, que como vedes, estaban moi ilusionados por seren os primeiros en gozalas. 




Que teñades dunha boa (e familiar) lectura...!

lunes, 1 de octubre de 2012

PLAN ANUAL DE LECTURA 2012-2013


Presentámosvos o noso Plan de Lectura para este curso. 

Este pequeno vídeo servirá para presentar o noso proxecto ás familias nas reunións preceptivas de principio de curso.


COMEZA A HORA DA BIBLIOTECA...


... E con ela, a Formación de Usuarios. 

Se a pasada semana comezou o empréstito bibliotecario, esta semana o noso alumnado empeza a subir á Biblioteca na hora que ten asignada, para realizar actividades de Formación de Usuarios.

Nesta fotografía podedes ver ós rapaces e rapazas de 3º A traballando con moito interese sobre as Normas da Biblioteca.

Toda a engranaxe bibliotecaria empeza a funcionar...!