Eu son o mundo, e o mundo son eu
xa que grazas aos meus libros podo ser o que eu quera.
Palabras e debuxos, prosa e verso
móvenme aos sitios, que están cerca e á vez lonxe.
Na terra dos sultáns e de ouro,
mil historias que falan sobre todo
de alfombras voadoras, xenios de lámpadas maravillosas,
ogresas e simbades, cóntanlle os seus segredos a Sherezade.
Con cada verba de cada páxina,
viaxo a través do espazo e do tempo.
E sobre as ás da fantasía,
o meu espíritu atravesa terra e mar.
Canto máis leo, máis comprendo
que co meu libro sempre estaré
na mellor das compañías.
A
lectura sempre estivo moi cerca de nós, mesmo cando eramos bebés, a
través das cancións de berce: estas son a primeira maneira de
comunicación ca palabra.
Logo
chegaron as rimas, os contos para durmir, as adiviñas, os
trabalinguas, os chistes, etc. Pero sempre as palabras foron as que
axudaron ás emocións e á necesidade de achegamento, de comunicación, de
transmitir "cousas" que, ás veces, van máis alá das propias palabras.
Aqueles primeiros libros que gardaban historias que queriamos escoitar
unha e mil veces, sen cansarnos de oílas e lelas, adiviñando os
misterios que agochaban as letras, as imaxes, o tono de voz da avoa, a
mirada, os xestos, os silencios e un sen fin de sorprendentes
detalles.
Todo
esto e moito máis... é a importancia que ten a lectura para nós.
Agora
mirade a presentación que fixemos os alumnos e alumnas de 6ºB co cadro de Picasso Dúas rapazas, no que ambas as dúas están compartindo un libro.
Grazas a todos e todas por este fermoso traballo de reflexión!!!