GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 28 de marzo de 2012

OWLY, UN PEQUENO GRANDE AGASALLO DE CRISTINA NOVOA


Cristina, a Asesora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación, vennos de agasallar con esta pequena alfaia.

E, a verdade é que resulta un regalo moi oportuno para nós.

1. Quen é Owly? Pois, como Frianciño (a nosa mascota), Owly é un pequeno moucho.

2. Owly é o protagonista dunha serie de novelas gráficas para rapaces escritas por Andy Runton. Como apenas teñen texto, poden entendelas nenos e nenas falantes de calquera idioma. (Segunda coincidencia: este curso estivemos a ler cómics!).
  • Queredes aprender a debuxar a Owly? Se premedes neste enlace atoparedes un vídeo para facelo.
  • Podedes descargar algúns cómics de Owly dende esta páxina web:
  • As historias de Owly poden ter un grande interese para o profesorado. Por iso, existe tamén unha proposta didáctica que se pode descargar aquí. 



3. Andy Runton é un creador de novela gráfica que xa leva acadado numerosos premios. É un grande amante da natureza e da vida salvaxe. Por iso, Owly é vexetariano e vai acompañado polos seus amigos do bosque: o verme Wormy e o esquío Scampi. Sempre tentan buscar novos amigos e facer cousas boas e inxeniosas. (Tercera coincidencia: o noso PDI trata sobre os bosques!).

O que nos ten agasallado Cristina é a primeira animación que Andy Runton fai sobre a súa personaxe.


Podedes seguir a historia desta animación neste enlace.


No hay comentarios: