
Este Mércores de Conto disfrutamos de dous contos: un en galego e outro en castelán. Marisol foi esta vez a encargada.
Cunha morea de pais, nais, nenos e nenas comezou a tarde con: O trasno come lixo, un conto acumulativo que foi animado cun despregabre, de fabricación caseira, onde aparecían os distintos personaxes.
O segundo conto, esta vez en castelán, titulábase Las cinco palabras mágicas. Cales son estas?...
Rematou a tarde coa decoración das cinco palabras máxicas e confección dun sobre para gardalas e non esquecernos delas:
QUE TEÑADES UN BO DÍA!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario