O vindeiro luns, día 19 de marzo, celebramos o Bicentenario da Constitución de Cádiz de 1812.
Constitución que, por ser promulgada en tal data (Día de San Xosé) foi bautizada popularmente como A Pepa.
Esta constitución tivo moita importancia polo contexto histórico e social no que se desenvolveu:
- o país estaba sumido na Guerra da Independencia (1808 - 1812) contra os franceses;
- a monarquía española fóra "destituída" por Napoleón, quen puxera no trono ó seu propio irmán, Xosé I;
- o sentimento de liberdade estoupa: parece o intre axeitado para rematar cun período de absolutismo, e para pór en práctica as ideas da Revolución Francesa.
Hai catro cursos (no 2008 - 2009) o PDI da nosa Biblioteca versou sobre o Bicentenario da Reconquista de Vigo, acaecida o 28 de marzo de 1808. Convidámosvos a lembrar este traballo tan vencellado co Bicentenario da Pepa. Premede neste enlace para facelo.
Convidámosvos tamén a consultar o fantástico traballo recopilatorio preparado pola Biblioteca do IES Fernando Esquío de Neda, e que Begoña López ten compartido connosco a través do PLAMBE.
Por último, se premedes na seguinte imaxe, accederedes ó especial que El Mundo ten adicado a esta data tan importante na nosa historia.
Que Viva a Pepa!


No hay comentarios:
Publicar un comentario