GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 28 de marzo de 2012

VISITA DE MENCHU LAMAS E ANTÓN PATIÑO

Este martes, 27 de Marzo, tivemos a sorte de poder contar con dous artistas plásticos de renome internacional: Menchu Lamas e Antón Patiño.

Eles amosáronnos parte da súa obra e explicaron por que se adican esta fermosa arte, a pintura.

Despois de disfrutar das súas explicacións e de facernos entender algunhas das súas obras, deixáronnos un fermoso agasallo no noso Gran Libro de Invitados que tedes á vosa disposición na biblioteca.



Damos as grazas á nosa alumna Noa de 6ºB por conseguir que os seus tíos viñeran visitarnos ao colexio.

OWLY, UN PEQUENO GRANDE AGASALLO DE CRISTINA NOVOA


Cristina, a Asesora de Bibliotecas Escolares da Consellería de Educación, vennos de agasallar con esta pequena alfaia.

E, a verdade é que resulta un regalo moi oportuno para nós.

1. Quen é Owly? Pois, como Frianciño (a nosa mascota), Owly é un pequeno moucho.

2. Owly é o protagonista dunha serie de novelas gráficas para rapaces escritas por Andy Runton. Como apenas teñen texto, poden entendelas nenos e nenas falantes de calquera idioma. (Segunda coincidencia: este curso estivemos a ler cómics!).
  • Queredes aprender a debuxar a Owly? Se premedes neste enlace atoparedes un vídeo para facelo.
  • Podedes descargar algúns cómics de Owly dende esta páxina web:
  • As historias de Owly poden ter un grande interese para o profesorado. Por iso, existe tamén unha proposta didáctica que se pode descargar aquí. 



3. Andy Runton é un creador de novela gráfica que xa leva acadado numerosos premios. É un grande amante da natureza e da vida salvaxe. Por iso, Owly é vexetariano e vai acompañado polos seus amigos do bosque: o verme Wormy e o esquío Scampi. Sempre tentan buscar novos amigos e facer cousas boas e inxeniosas. (Tercera coincidencia: o noso PDI trata sobre os bosques!).

O que nos ten agasallado Cristina é a primeira animación que Andy Runton fai sobre a súa personaxe.


Podedes seguir a historia desta animación neste enlace.


martes, 27 de marzo de 2012

LECTURAS DE POEMAS NO 21 DE MARZO



No Día da Poesía e durante o noso momento lector, todas as aulas elexiron o seu poema favorito e a uns representantes para conmemorar este día, facendo unha lectura conxunta de todo o Centro.

As aulas de Infantil decidiron que ían ser todos e todas representantes do seus grupos.
Aquí vos amosamos un vídeo onde podedes ver os mellores momentos dese día.




Grazas a todos e todas por estes poemas tan fermosos!!!


Lembrade outras actividades que temos feito co gallo do Día da Poesía: 


domingo, 25 de marzo de 2012

SAÍDA A CABO UDRA



No día de hoxe, disfrutamos coa nova saída da A.N.P.A.

Nesta ocasión, na Península do Morrazo, bordeando a Ría de Pontevedra. O percorrido: dende o porto de Beluso ata Cabo Udra. Unha ruta na que sempre estivemos acompañados polo mar, a area e o monte. E, por suposto, das familias dos nosos alumnos e alumnas, que cada vez suman un número máis e máis abultado.

Aquí tendes unha mostra fotográfica, para que vexades o ben que o pasamos.




A profe Montse ten compartido, tamén, as súas fotos connosco. Podédelas ver neste enlace.


Moitas grazas á A.N.P.A. por esta xornada tan espléndida!


A POESÍA EN INFANTIL

Os alumnos e alumnas de Infantil, no Día da Poesía, crearon unha tarxeta decorada por eles onde podedes ler un anaco de poema de Rosalía de Castro que eles mesmos tamén foron quen de recitar.

Aquí vos amosamos un deles.

viernes, 23 de marzo de 2012

NOVA INVESTIGACIÓN PROPOSTA POR FRIANCIÑO



Xa chegou a primavera e Frianciño Jones, que ten viaxado moito, convídanos a facer unha viaxe virtual para que descubramos todas estas festas que se están a celebrar no mundo para festexar a chegada dunha nova estación.

O que nos propón é un traballo de investigación sobre o país que xa estamos a descubrir, e que informemos ao resto do colexio destas celebracións a través dunha reportaxe.

Así que xa sabedes, mans a obra!!!



O NOTICIEIRO ECOLÓXICO E A SELVA AMAZÓNICA


Os alumnos e alumnas de 6ºA estiveron investigando ao longo desta semana sobre a selva amazónica e crearon unha presentación onde nos amosan tanto as súas características como os problemas de deforestación que teñen na actualidade.

Estade moi atentos á presentación, porque ademais ten unha ampla variedade de enlaces a vídeos e webs moi interesantes.


jueves, 22 de marzo de 2012

A CERDEIRA, A POESÍA E A PLÁSTICA



Aproveitando que esta semana estamos a traballar a poesía, que chegou a primavera, que temos cerdeira no noso patio e que comeza a florecer, os alumnos e alumnas de 6ºB realizamos uns traballos plásticos sobre ela nas diferentes estacións. E os nosos compañeiros Dayana e Noel crearon uns poemas a partir do noso traballo.







Non tedes máis que premer na foto para visualizar a nosa presentación.

UN MÉRCORES DE CONTO E DE BOSQUE



Este mércores, Lhorana e Ainhoa, dúas alumnas do colexio, estiveron a contarnos unha historia moi fermosa dunha osa nun centro de recuperación.



Este conto fíxonos tamén coñecer como crecen, comen e viven os osos das montañas. Ademais estivo moi unido ó noso proxecto Documental O Planeta Bosque.

Xa, como remate da tarde, fixemos entre todos e todas un libro que deixamos como agasallo na biblioteca do colexio.




Grazas por este fermoso agasallo!!!


miércoles, 21 de marzo de 2012

DÍA DA POESÍA

A nosa Árbore dos poemas, ao longo desta mañá, comezou a cargarse de verbas, ledicias, pensamentos...



O colexio tivo arrecendo de poesía xa que todos os alumnos e alumnas leron algún poema para o resto dos seus compañeiros e compañeiras.




Nesta nova comenzamos a informarvos das nosas actividades deste Día tan Especial e continuaremos cargando os vídeos dos recitados.

Grazas a todos e todas polo voso traballo!!!


domingo, 18 de marzo de 2012

REPORTAXES SOBRE O BUDISMO E O HINDUÍSMO


Nesta terceira tarefa, os alumnos e alumnas de 6º formamos varios grupos e informámonos sobre a historia, os costumes, as diferenzas, o significado... destas dúas relixións practicadas na India, xa que este é o país que estamos a traballar.

Fixemos varias reportaxes (vídeos e documentos). Aquí vos deixamos unha mostra dos feitos en 6ºB.











Tamén os alumnos e alumnas de 6ºA investigaron concienzudamente e amósannos as súas reportaxes.






AS BIBLIOTECAS ESCOLARES, FUNDAMENTAIS PARA UN BO RENDEMENTO ESCOLAR

Niños

Era algo que xa intuiamos. Pero agora podémolo reafirmar con argumentos científicos. 

A web Lecturalab, o Laboratorio da Lectura da prestixiosa Fundación Germán Sánchez Ruipérez, achéganos cinco impactos positivos das bibliotecas escolares no rendemento infantil.

Estas conclusións están tomadas dunha investigación elaborada polo New York Comprehensive Center.

Podedes acceder a toda a información a través deste enlace.

viernes, 16 de marzo de 2012

EXPOSICIÓN SOBRE CÓMIC NA CIDADE DA CULTURA


Orixes do cómic en Galicia.

Este é o título da exposición que poderedes contemplar na Cidade da Cultura (Santiago de Compostela) entre o 16 de marzo e o 10 de xuño, en concreto, no edificio do Arquivo de Galicia

Como o seu título indica, trátase de achegar ó público obras orixinais de creadores de finais do século XIX e principios do XX. Así, atoparemos creacións de Manuel Torres, Castelao, Maside, e guións de Ramón Cabanillas ou Eduardo Blanco Amor

Podedes consultar máis datos sobre esta exposición neste enlace

E, se ides aló antes do 31 de marzo, lembrámosvos que, de camiño, podedes parar en Pontevedra para visitar o Salón do Libro de Pontevedra


BICENTENARIO DA PEPA


O vindeiro luns, día 19 de marzo, celebramos o Bicentenario da Constitución de Cádiz de 1812.

Constitución que, por ser promulgada en tal data (Día de San Xosé) foi bautizada popularmente como A Pepa

Esta constitución tivo moita importancia polo contexto histórico e social no que se desenvolveu: 

  • o país estaba sumido na Guerra da Independencia (1808 - 1812) contra os franceses;
  • a monarquía española fóra "destituída" por Napoleón, quen puxera no trono ó seu propio irmán, Xosé I
  • o sentimento de liberdade estoupa: parece o intre axeitado para rematar cun período de absolutismo, e para pór en práctica as ideas da Revolución Francesa.




Hai catro cursos (no 2008 - 2009) o PDI da nosa Biblioteca versou sobre o Bicentenario da Reconquista de Vigo, acaecida o 28 de marzo de 1808. Convidámosvos a lembrar este traballo tan vencellado co Bicentenario da Pepa. Premede neste enlace para facelo. 

Convidámosvos tamén a consultar o fantástico traballo recopilatorio preparado pola Biblioteca do IES Fernando Esquío de Neda, e que Begoña López ten compartido connosco a través do PLAMBE.


Por último, se premedes na seguinte imaxe, accederedes ó especial que El Mundo ten adicado a esta data tan importante na nosa historia.


Que Viva a Pepa!




21 de MARZO DÍA DA POESÍA E DÍA FORESTAL MUNDIAL


Ao longo desta semana traballaremos no colexio a poesía en todas as aulas e cun nexo de unión que é o noso proxecto documental O Planeta Bosque.

Así que en cada nivel recitaremos, entonaremos, analizaremos... un poema galego pero sempre partindo da reflexión que nos fai o poema Viaxeiro escoita ! de Tagore sobre o falar dunha árbore.

Partindo de que a árbore é o símbolo da vida en moitas culturas e que os bosques producen todo o oxíseno que necesitamos os seres vivos, coidemos os bosques e disfrutemos deles.

Para traballar en todo isto non tes máis que facer clic na imaxe da nosa árbore dos poemas.

jueves, 15 de marzo de 2012

UN NOTICIEIRO ECOLÓXICO CHEO DE RECOMENDACIÓNS


Os alumnos e alumnas de 4º A estivemos durante esta semana realizando un caderniño onde vos recomendamos algunhas normas para coidar os nosos bosques.


Incluso vos recordamos que os bosques son ricos en sons e que temos que respectalos.


RECOPILANDO INFORMACIÓN SOBRE A SELVA EN 5º


Os alumnos e alumnas de estivemos a investigar sobre a selva tropical, xa que é onde se desenvolve a historia do noso conto guatemalteco.

Así que aquí tedes o traballo realizado polo Equipo de 5ºB.



E estes algúns dos traballos dos alumnos e alumnas de 5ºA.





Xa como agasallo, deixámosvoa unha película que atopamos na rede, onde nos podemos ver os Contos da Selva e pasar unha tarde de entretemento e diversión.





UNHA NOVA TARDE DE CONTO CON UXÍA E O SEU PAIS


Este mércores 14, Uxía de 2º B e o seu papá estiveron, novamente, a nos contar unha historia de princesas, na Biblioteca.

Pasamos unha tarde do máis entretida co conto As princesas namoradas, e despois traballamos facendo un marcapáxinas.



miércoles, 14 de marzo de 2012

TRABALLANDO SOBRE A INDIA




Na segunda tarefa de Educación Documental, os nenos e nenas de fixemos as nosas presentacións con toda a información que obtivemos sobre a India.



Agora xa sabemos onde se atopa este país, coñecemos a súa moeda, as súas comidas típicas, os seus monumentos e... como non, o río Ganges e a cidade de Benarés, xa que o noso conto fala deles.

Bo exemplo de todo isto son as presentacións realizadas por 6ºB.







E tamén as realizadas por 6ºA.







Grazas por estes traballos !!