A crise tamén afecta á cultura, e, neste caso, comeza, igualmente, polos máis débiles.
Esta semana a prensa sorprendíanos coa triste nova do inminente peche do Museo Liste.
O Museo Liste naceu a partir da afección de D. Olimpo Liste pola etnografía, e o seu altruísmo levouno a compartir a súa colección con todos os habitantes da nosa cidade.
Dende entón, a Fundación Liste ven realizando un montón de sinxelas e efectivas propostas destinadas a grupos, escolas e familias, creando un ambiente distendido e agradable, no que a colección non é menos importante que o acompañamento e o diálogo sobre os obxectos expostos.
Visitar o Museo Liste é iniciar unha viaxe ó noso pasado, ó mundo dos nosos bisavós. Un mundo que nos queda afastado, si, pero que nos da entidade como pobo e que, se queremos ser nós, non podemos de ningún modo esquecer.
Talvez as decisións estean xa tomadas e sexan inamovibles. Ou, talvez, todavía haxa algo que podamos facer. Propóñovos dúas iniciativas:
- se non o tes feito, visita o Museo Liste antes do seu peche (o vindeiro martes). Os domingos e os luns está pechado. Xa non poderás disfrutar das visitas guiadas. Pero, a cambio, poderás coñecer (gratis) toda a riqueza que estamos a punto de perder;
- envía un escrito ó noso alcalde en defensa do Museo Liste. Pódese ser educadísimo sen, por iso, deixar de defender con entusiasmo aquilo no que cremos. Faino neste enlace: http://hoxe.vigo.org/
oconcello/alcaldia0.php?lang= ga
Grazas por quererte e por loitar polo que te identifica!

No hay comentarios:
Publicar un comentario