Os nosos amigos e amigas de AIDA fannos chegar esta información, e nos invitan a participar na festa. Os actos principais serán:
- EXPOSICIÓN DE INDUMENTARIA AFRICANA. O día 28 de outubro na Fundación ONCE (das 10:00 ás 20:00 horas);
- PRESENTACIÓN DO LIBRO Un ensayo sobre la violencia, do escritor e ex-garda civil Eloy Cuadra Pedrini. O día 29 de outubro ás 20:00 horas, na Fundación ONCE;
- XORNADA GASTRONÓMICA AFRICANA. Degustación e actuación de THIOSSANE (percusión e baile africano). O día 30 de outubro ás 18:00 horas, no Salón de Actos da Parroquia do Cristo da Victoria.
Invitámosvos a participar nestes actos nos que, sen dúbida, e coma sempre, teredes unha fantástica acollida.
Grazas, AIDA, e que todo resulte fantástico.

No hay comentarios:
Publicar un comentario