Quen non viviu nunca o eterno dilema de contidos ou competencias?
Ás veces, cando propomos actividades de Formación Documental dende a Biblioteca, podemos sentirnos sós na nosa pretensión de que os alumnos e alumnas aprendan a aprender. Cando atopamos artigos coma este, sentímonos comprendidos e reafirmados. A miña amiga Ana foi quen mo deu a coñecer, e eu volo transmito a vós.
Javier Martínez Aldanondo é Xerente de Desenvolvemento de Proxectos en Chile. Durante o artigo fai mención, permanentemente á realidade educativa deste país. Pero tamén insiste en que a educación está en crise en todos os países. E... quen non é capaz de extrapolar o que conta ás súas propias experiencias e vivencias profesionais?

No hay comentarios:
Publicar un comentario