Queremos suliñar nesta data o esforzo de tantos mestres bibliotecarios, de tantos alumnos e alumnas e de tantas familias por facer dunha idea, dunha aspiración, a súa razón de ser. En definitiva, por contribuír a que, dunha pequena semente, xurda un fermoso bosque aderezado coa fragancia dos froitos máis saborosos e co rumor das historias máis agarimosas.
Co gallo desta celebración, queremos agasallarvos cun fermoso documento que coñecimos por mediación de Gracia Santorum (Trafegando Ronseis). Poética historia sobre a creación da Biblioteca Central de Helsinki.
Unha historia preciosa, verdade?
En O Lar de Frianciño, a Biblioteca Escolar do noso cole, sentímonos moi identificados con este vídeo, aínda que, evidentemente, a nosa traxectoria resulta moito máis modesta. Sen embargo, ó comenzar o cuarto curso deste ilusionante proxecto, non podemos evitar mirar atrás e recoñecer que, quedándonos todavía moito camiño que andar, temos percorrido un grande treito.
A nosa falla de visión impediunos deixar para a posteridade un retrato claro do comenzo da nosa andaina; pero o camiño está sinalado por múltiples paradas. A meta aínda queda lonxe; é máis... haberá meta algún día...? De calquera xeito, o Día das Bibliotecas Escolares é un bo intre para a reflexión e para a lembranza:

No hay comentarios:
Publicar un comentario