GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 27 de octubre de 2010

SEMANA GRANDE DE ÁFRICA




A Asociación para la Integración y la Integración del Africano (AIDA) celebra a súa Semana Grande.

Os nosos amigos e amigas de AIDA fannos chegar esta información, e nos invitan a participar na festa. Os actos principais serán: 

  • EXPOSICIÓN DE INDUMENTARIA AFRICANA. O día 28 de outubro na Fundación ONCE (das 10:00 ás 20:00 horas);
  • PRESENTACIÓN DO LIBRO Un ensayo sobre la violencia, do escritor e ex-garda civil Eloy Cuadra Pedrini. O día 29 de outubro ás 20:00 horas, na Fundación ONCE;
  • XORNADA GASTRONÓMICA AFRICANA. Degustación e actuación de THIOSSANE (percusión e baile africano). O día 30 de outubro ás 18:00 horas, no Salón de Actos da Parroquia do Cristo da Victoria.
Invitámosvos a participar nestes actos nos que, sen dúbida, e coma sempre, teredes unha fantástica acollida.

Grazas, AIDA, e que todo resulte fantástico.


martes, 26 de octubre de 2010

SORPRESA NA BIBLIOTECA!


Atopámonos con ela esta mañán, e causounos moita ledicia, porque a nosa Biblioteca, día a día, mellora de aspecto. 

Esta noite Frianciño e mais os trasnos Luz e César deberon de estar a traballar arreo para que, esta mañán, a nosa Biblioteca presentara un aspecto tan lucido alegre. Os grandes ventanais estaban cubertos por unhas divertidas cortinas.

Podemos dicir, pois, que a nosa Biblioteca está practicamente renovada.




Grazas, trasniños, polo voso traballo e polo voso agarimo!

domingo, 24 de octubre de 2010

O NACEMENTO DUNHA BIBLIOTECA


O 25 de outubro celebramos o Día das Bibliotecas Escolares.

Queremos suliñar nesta data o esforzo de tantos mestres bibliotecarios, de tantos alumnos e alumnas e de tantas familias por facer dunha idea, dunha aspiración, a súa razón de ser. En definitiva, por contribuír a que, dunha pequena semente, xurda un fermoso bosque aderezado coa fragancia dos froitos máis saborosos e co rumor das historias máis agarimosas. 

Co gallo desta celebración, queremos agasallarvos cun fermoso documento que coñecimos por mediación de Gracia Santorum (Trafegando Ronseis). Poética historia sobre a creación da Biblioteca Central de Helsinki. 




Unha historia preciosa, verdade? 

En O Lar de Frianciño, a Biblioteca Escolar do noso cole, sentímonos moi identificados con este vídeo, aínda que, evidentemente, a nosa traxectoria resulta moito máis modesta. Sen embargo, ó comenzar o cuarto curso deste ilusionante proxecto, non podemos evitar mirar atrás e recoñecer que, quedándonos todavía moito camiño que andar, temos percorrido un grande treito. 

A nosa falla de visión impediunos deixar para a posteridade un retrato claro do comenzo da nosa andaina; pero o camiño está sinalado por múltiples paradas. A meta aínda queda lonxe; é máis... haberá meta algún día...? De calquera xeito, o Día das Bibliotecas Escolares é un bo intre para a reflexión e para a lembranza:




A NOSA HUMILDE HOMENAXE A MIGUEL HERNÁNDEZ



O vindeiro sábado día 30 de outubro, ademais de ser a véspera do Halloween e do Samaín, será un día importante: celebraremos o Centenario do nacemento de Miguel Hernández. 

Na nosa Biblioteca non quixemos que esta data pasara desapercibida. Unha pequena homenaxe a este poeta do pobo parecíanos imprescindible. Pero tamén quixemos que a nosa proposta fose a culminación do traballo que, ata o intre, estamos a desenvolver durante a Hora da Biblioteca: o estudio da nova

Para os máis cativos temos elaborado esta presentación. Está baseada no poema de Carmen Gil titulado Miguel Hernández para nenos:




As actividades para o Segundo Ciclo parten deste traballo que tan xentilmente nos ofreceron os nosos compañeiros e compañeiras da Biblioteca Escolar do C.E.I.P.  A Ramallosa







Podedes botar un ollo ás fichas propostas para Primeiro e Segundo Ciclo de Primaria na páxina de Formación de Usuarios

Para o Terceiro Ciclo, temos proposto a seguinte Caza do 
Tesouro: 




Tamén os pais e nais teñen cabida nas nosas propostas. Par ler poesía de Miguel Hernández en rede, podedes achegarvos a este enlace:

Poemas de Miguel Hernández


Para moitos de nós, os poemas de Miguel Hernández están vencellados á música de Joan Manuel Serrat. Estes son os seus grandes éxitos de sempre: 



Neste centenario do seu nacemento, Serrat quíxolle rendir un homenaxe ó poeta que tantas melodías lle ten inspirado. Esta é unha escolma destas novas creacións.




Existen diferentes versións musicais dun mesmo poema. Se queredes escoitalas, remitímosvos a este artigo recollido en As cousas de Avelino

sábado, 23 de octubre de 2010

CANDO OS POETAS CANTAN ÓS POETAS




Miguel Hernández ten sido fonte de inspiración de multitude de músicos.Tantas veces se ten inspirado Serrat nos versos do Poeta que ambos os dous (Serrat e Miguel Hernández) poderían formar unha auténtica parella artística.

Unha das miñas pezas favoritas é Elegía, a conmovedora homenaxe de Miguel ó seu amigo da alma, Ramón Sijé.

Investigando na Internet atopei esta versión que, do mesmo poema, fai o grupo Jarcha. Se a de Joan Manuel resulta conmovedora, esta é espeluznante (no senso máis artístico do termo). Comprobádeo por vós memos.



CADERNOS VIAXEIROS: ARTE EN MOVEMENTO


As Mochilas Viaxeiras veñen de retomar a súa andaina por terceiro curso consecutivo.

Un dos elementos máis salientables das Mochilas é o Caderno Viaxeiro, un espazo no que cada familia, libremente, pode expresar as súas sensacións ou as súas suxestións. 

Ó longo deste tempo temos descuberto que a creatividade das familias dos nosos alumnos e alumnas non ten límites. E, por tal motivo, queremos dar a coñecer toda a arte que encerran. 

Grazas a todos e a todas polas vosas bonitas palabras de alento, e polo tempo que nos tendes adicado. E, se alguén non sabe que escribir no caderno que chegue ás súas mans durante este curso, quizás atope nesta presentación algunha idea...

viernes, 22 de octubre de 2010

CANDO ESTAMOS FAMENTOS DE LECTURA...


A pasada semana estivemos cos alumnos e alumnas de 6º de Primaria en Aljucén (Mérida) nun campamento de Inmersión Lingüística. 

Como Montse (a profe de Inglés) e mais eu estamos sempre coa teima da lectura, sorprendeunos descubrir que, incluso nestas ocasións extraordinarias, os nosos alumnos e alumnas van sempre acompañados dun libro. Durante a viaxe de ida, algunhas rapazas pasaron o tempo lendo en grandes volumes traídos das súas casas. E cando tocaron compras... sorpresa! algún gastou o diñeiro en mercar revistas, e non tivo reparo en pórse e ler en plena Praza Maior de Mérida.

E... é que cando estamos enmeigados pola lectura, temos fame dela en calqueira circunstancia!




jueves, 21 de octubre de 2010

AS MOCHILAS VIAXEIRAS COMENZAN UNHA NOVA RUTA



Unha marea vermella e azul foi tinguindo hoxe todas as aulas do Colexio.

Porque a profe Montse achegouse a elas cunha sorpresa: unha Mochila Viaxeira que estará durante dez días na casa dun neno ou nena. Unha maleta chea de imaxinación e información que permanecerá durante dez días nas casas das familias que a teñan solicitado. 

Aquí tendes os contidos existentes en cada unha delas:


     

            

           



      

            

           

E aquí, podedes disfrutar coas caras de felicidade dos primeiros receptores das Mochilas: 







jueves, 14 de octubre de 2010

QUE É UN BO PROFESOR? OU... COMO APRENDER A APRENDER?


Quen non viviu nunca o eterno dilema de contidos ou competencias?

Ás veces, cando propomos actividades de Formación Documental dende a Biblioteca, podemos sentirnos sós na nosa pretensión de que os alumnos e alumnas aprendan a aprender. Cando atopamos artigos coma este, sentímonos comprendidos e reafirmados. A miña amiga Ana foi quen mo deu a coñecer, e eu volo transmito a vós. 

Javier Martínez Aldanondo é Xerente de Desenvolvemento de Proxectos en Chile. Durante o artigo fai mención, permanentemente á realidade educativa deste país. Pero tamén insiste en que a educación está en crise en todos os países. E... quen non é capaz de extrapolar o que conta ás súas propias experiencias e vivencias profesionais?




miércoles, 13 de octubre de 2010

EXERCENDO DE PERIODISTAS EN EDUCACIÓN INFANTIL



Como quizás saibades, este curso, na Formación de Usuarios estamos a tocar o tema da Prensa.

Despois de tres semanas de traballo, os nosos alumnos e alumnas empezan a producir os seus primeiros traballos.

Aquí tendes o elaborado polas aulas de Educación Infantil 5 anos, na que se trataba de ilustrar a nova do día e de inventar unha cabeceira para o xornal.

Aquí tendes os resultados:





lunes, 4 de octubre de 2010

PLAN ANUAL DE LECTURA 2010-2011

Presentámosvos as liñas maestras do noso Plan Anual de Lectura para este curso 2010 - 2011.

Se tendes participado nas Reunións de Inicio de curso, seguramente xa as coñecedes; se non tivestes ocasión de facelo, agora vos podedes informar; de calqueira xeito, nunca está de máis ter a man o que pretendemos facer nos vindeiros meses.



Podes ver a segunda parte desta presentación preme na foto:




APRENDENDO A CONTAR CONTOS



Pouco a pouco, imos esquecendo as tardes de verán e imos pensando nas longas noites de inverno. Esas noites que, antano, eran o intre propicio para contar contos e historias.

Nunhas semanas, a oferta extraescolar do Colexio acadará completa normalidade. Unha das propostas será, como o curso anterior, os Mércores de Conto.

Esta actividade que ten tanta tradición no noso país parece que, ás veces, nos da medo, porque non nos sentimos preparados para abordala.

A través da Rolda de correo do PLAMBE temos coñecido estes Consellos para contar contos da Fundación Germán Sánchez Ruipérez. Coa axuda deles, e cun pouco de ánimo, seguro que non nos chegan os mércores para facer un oco a tanto cuentista como haberá no Colexio.