GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 13 de mayo de 2010

O FRIAN, NO FARO DE VIGO




O día de hoxe sorprendeunos con media páxina do Faro de Vigo adicada á web do noso cole. 

Nela dábase conta do recente premio recibido (Primeiro Premio Espiral Edublog na categoría de Blogs de Centro) e da andaina dixital do noso centro.

Para máis información, podedes consultar a edición dixital de Faro no seguinte enlace:

1 comentario:

olga dijo...

Parabéns ben merecidos. Tanto traballo e tan ben feito, ás veces ten recompensa en forma de recoñecemento. E ese é o voso caso.
Apertas e ánimos para seguir.