GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 19 de mayo de 2010

A miña foto máis exótica: A VOTAR!



Necesitamos un xurado imparcial para elixir ós gañadores desta edición do Concurso de Fotografía.

Como lembraredes, hai unhas semanas propuxemos ás familias do noso alumnado participar nun Concurso de Fotografía titulado: A miña foto máis exótica.

De ano en ano, increméntase a participación das familias. E para o xurado, decidir que foto merece o galardón é un asunto complicado. Así que... axudádenos a elixir a mellor foto!

Podedes votalas neste enlace.

No hay comentarios: