GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 12 de mayo de 2010

MARIO TOMÁS CONTOUNOS CONTOS



Hoxe recibimos no colexio a visita de Mario Tomás, que, en compañía do Avó, contounos fantásticos contos.

Participaron na actividade os alumnos de Educación Infantil e do Primeiro Curso de Primaria.

Como Mario non comera de cativo moito pescado e verduras, andaba medio "desmemoriado", así que todos lle tivemos que axudar a contar os contos: o do verme que era quen de asustar ós animais máis fortes e feroces da selva; o da princesa que quería ó seu pai como a comida ó sal, e o do pai e o fillo que acudiron en burro á feira.

Grazas por este rato tan estupendo. Aquí vos deixamos con algunhas imaxes:



No hay comentarios: