GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 29 de mayo de 2010

ENTREGA DOS PREMIOS NACIONAIS DE BOAS PRÁCTICAS EN BIBLIOTECAS ESCOLARES




Apenas vintecatro horas despois de chegar de Fraga, presentámosvos a crónica do acto.

A pesar das dificultades que toda longa viaxe entraña, e a pesar da brevidade do acto, só podemos transmitirvos que estamos moi satisfeitos, porque todos os sacrificios pagaron a pena.  Non tanto por recibir un recoñecemento ó traballo realizado polo Equipo de Biblioteca do noso Centro, senon, sobre todo, pola marabillosa oportunidade de coñecer ós compañeiros e compañeiras doutros centros e poder compartir con eles unhas horas de charlas e risas.

Grazas por lles poder pór caras a Loly Tobío, do IES Sanxenxo, que acudiu acompañada pola súa Directora, Ánxeles; a Luisa, do C.E.I.P. A Pedra de Bueu, e á súa Xefa de Estudios, Rosa; a Pilar Berrio, do IES Catabois de Ferrol; ás compañeiras do CRA de Tomiño. E grazas por poder compartir mesa y experiencias con Rufino e "Rosariyo", do IES Las Encinas de Sevilla.

E agora, a crónica:

Despois da cea e do aloxamento en Lleida, o venres 28 nos trasladamos en autobús a Fraga, onde poidemos visitar as biblioteca escolares da localidade, que son un auténtico referente no que se refire a dinamización. No noso caso, visitamos a do Colexio Miguel Servet, onde Mariano Coronas e o seu equipo levan a cabo un labor magnífico.

Logo, nos trasladamos ó Palacio de Montcada, onde se desenvolveu o acto, que foi animado polos alumnos e alumnas do Instituto Bajo Cinca e o grupo de Nais Contacontos do Colexio Miguel Servet.

Fixeron entrega dos premios a Secretaria de Estado de Educación, Eva Almunia, e a Conselleira de Educación da Comunidade Autónoma de Aragón. Para clausurar o acto contamos coas palabras sempre certeras, motivadoras e entrañables de Antonio Basanta, Presidente da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.

Trala entrega de premios, fixemos a fotografía de familia de rigor, e nos despedimos cuns pinchos.


Despois deste día, temos un diploma novo, pero, sobre todo, temos varios amigos e amigas máis.


8 comentarios:

Ronsel dijo...

Parabéns admirados.

Anónimo dijo...

Parabens por este recoñecemento,fantástica crónica

olga dijo...

Bicos, bicos e bicos. Cantos recordos!

Anónimo dijo...

Moitas grazas polo traballo que estades a realizar!!!

Bibliomanía dijo...

Compartir esta viaxe breve, pero intensa, supuxo poñerlle rostro ás persoas que están detrás dun traballo exemplar. Parabéns!!

Sánchez-Agustino dijo...

Parabéns! É o recoñecemento a un bo traballo que dende o CEIP "A Lama" puidemos apreciar.

Grazas pola vosa acollida cando vos fomos visitar.

Mariano Coronas dijo...

Desde Fraga, desde el colegio Miguel Servet, os mandamos un abrazo y nuestra felicitación.
Somos Mariano y Mercè

Frianciño dijo...

Grazas a todos e a todas por acompañarnos nesta ocasión tan especial, e, sobor de todo, a Mariano e Mercé, pola súa calurosa acollida, polo seu bo facer no Colexio Miguel Servet de Fraga, e pola de cousas que temos (e debemos) que aprender de eles.