A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.
Estes días estamos todos alporizados por mór da lingua. A lingua, que debera ser símbolo da comunicación e da concordia, está sendo usada como arma política, prendendo o lume da discordia onde galego e castelán tiñan unha convivencia pacífica.
Agora se nos plantexa o dilema de firmar unha enquisa. Pero... que imos firmar...?
Para tomar unha decisión propia e non sentirnos manipulados, debemos estar informados. Por iso vos ofrezo estas lecturas e reflexións, que en nada deberan resultar sospeitosas.
Lede, porque, como dicía un dos meus mestres... só lendo seredes realmente libres!
Aquí tendes este vídeo da televisión sueca sobre as linguas en perigo en Europa. Que non o entendedes...? Aquí tendes a tradución:
Linguas recentemente extinguidas...
Linguas seriamente ameazadas...
Linguas en perigo...
Linguas en perigo potencial... (aquí figura o galego)
Falas algunha destas linguas?
Pensas que é importante salvar estas linguas?
Que podemos facer?
Déixame sabelo!
Grazas por vernos!
Para falar sobre linguas, ninguén mellor ca un lingüista, e, máis aínda, castelán. Aquí tendes unha conferencia impartida por Juan Carlos Moreno Cabrera, profesor da Universidade Autónoma de Madrid, que desmonta os mitos sobre a predominancia do castelán.
Por último, xa que estamos a falar de lingua e de escola, parece que o máis aconsellable é escoitar a voz dos expertos: dos mestres e mestras.
Queres saber como temos chegado ata aquí. Le o lúcido e documentado artigo de Xosé Luis Regueira, da Academia da Lingua Galega
Por fin chegou a data tan esperada: o 21 de maio, no que celebramos a Festa do 1809. Foi unha festa por todo o alto, coa que dimos por rematado o noso Proxecto deste curso: Ó ataque, meus lectores!. Obradoiros e xogos pola mañán; comida campestre coas nosas familias e Festival pola tarde.
Comenza o mes de maio, mes intenso no que ás Letras se refire. Este ano, adicado a Ramón Piñeiro.
Coa colaboración dos Equipos de Normalización Lingüística, TICs e Biblioteca, e os estupendos traballos que, dende o Plan de Mellora de Bibliotecas nos ofrecen compañeiros e compañeiras doutros Centros, temos realizado unha colleita de materiais e actividades para todos os ciclos e áreas.
Ao longo do curso, aproveitando diferentes conmemoracións, e dende as distintas aulas e áreas, temos ido elaborando un feixe de contos en diferentes formatos.