Agora se nos plantexa o dilema de firmar unha enquisa. Pero... que imos firmar...?
Para tomar unha decisión propia e non sentirnos manipulados, debemos estar informados. Por iso vos ofrezo estas lecturas e reflexións, que en nada deberan resultar sospeitosas.
Lede, porque, como dicía un dos meus mestres... só lendo seredes realmente libres!
Aquí tendes este vídeo da televisión sueca sobre as linguas en perigo en Europa. Que non o entendedes...? Aquí tendes a tradución:
- Linguas recentemente extinguidas...
- Linguas seriamente ameazadas...
- Linguas en perigo...
- Linguas en perigo potencial... (aquí figura o galego)
- Falas algunha destas linguas?
- Pensas que é importante salvar estas linguas?
- Que podemos facer?
- Déixame sabelo!
- Grazas por vernos!
Para falar sobre linguas, ninguén mellor ca un lingüista, e, máis aínda, castelán. Aquí tendes unha conferencia impartida por Juan Carlos Moreno Cabrera, profesor da Universidade Autónoma de Madrid, que desmonta os mitos sobre a predominancia do castelán.
Por último, xa que estamos a falar de lingua e de escola, parece que o máis aconsellable é escoitar a voz dos expertos: dos mestres e mestras.
Queres saber como temos chegado ata aquí. Le o lúcido e documentado artigo de Xosé Luis Regueira, da Academia da Lingua Galega

No hay comentarios:
Publicar un comentario