GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 17 de diciembre de 2014

SEGUIMOS COS PETISCOS LITERARIOS



En 5º e 6º de Primaria.

Tamén os maiores do cole tiveron a súa lectura durante a Hora de Ler. Nesta ocasión, a contadora foi a profe Montse, e a lectura elixida... como non...! Vinte mil leguas de viaje submarino, de Jules Verne. (Para saber máis sobre este autor e a súa relación con Vigo, preme neste enlace).

Por suposto, a lectura ten moitísimo que ver co noso PDI Un mar de linguas. E iso sábeno ben os rapaces e rapazas de 5ª A, que este curso van estudiar a Batalla de Rande.

NA HORA DE LER...


... Eu vivía na fin do mundo.

Retomando os nosos Petiscos literarios, estas últimas semanas estivemos a contar contos durante a Hora de Ler nos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria. A lectura elixida foi un precioso álbum ilustrado de Ramón Trigo: Eu vivía na fin do mundo. Este libro recibíu, no ano 2007, o Premio de Álbum Ilustrado Cabildo de Gran Canaria. E, a verdade, non nos extraña, porque descubrimos que, nesta obra, nada está feito ó azar.

Por moitos motivos, Eu vivía na fin do mundo ten moita relación co noso PDI deste curso: Un mar de linguas. Pero tamén nos fixo reflexionar sobre nós mesmos. E, como dicían esta mesma mañán os nenos e nenas de 3º A... cando fas fronte ós teus propios medos, podes sentirte realmente libre!

Aquí vos deixamos algunhas imaxes. Habería moitas máis, pero... o fotógrafo non sempre estaba dispoñible!

lunes, 15 de diciembre de 2014

ARROZ CON CHÍCHAROS



Que bo prato para o Venres...!

Os rapaces e rapazas de 2º B, despois de estudiar o tema da alimentación, aprenderon esta canción tradicional, cunha particularidade... traducírona ó romanés. E cantáronola no seu Venres de Viva Voz.

Unha boa iniciativa para o noso PDI Un mar de linguas!





VIAXE NO TEMPO...



... polo mar, e polas linguas.

Sobre isto trata a Nova da Semana narrada polos alumnos e alumnas de 6º B.

domingo, 14 de diciembre de 2014

A CALZADA DOS XIGANTES



Unha lenda irlandesa nas Tardes de Conto. 

O pasado martes día 2 de decembro as Tardes de Conto foron moi internacionais. Estivo connosco Bea, a nai de Noa e Aroa, que nos contou unha lenda irlandesa que fala de dous xigantes: un irlandés e outro escocés. 

Tras o relato, entre todos os participantes elaboramos a nosa calzada. 

Como vedes, unha tarde internacional e colaborativa. 

DOODLES ADICADOS Á LITERATURA INFANTIL E XUVENIL



A propósito de Platero. 

O pasado venres celebrabamos o centenario de Platero y yo, o delicioso relato de Juan Ramón Jiménez. Por tal motivo, Google adicou un doodle na súa páxina de inicio a esta obra.

Hoxe, a profe Montse achéganos este enlace no que se analizan todos os doodles adicados á literatura infantil e xuvenil.


Porque a LIX non é un xénero menor...!

AMOR VERDADEIRO


O que existe entre un can e o seu dono.

Sobre isto trata a Nova da Semana que presentaron os rapaces e rapazas de 6º B.