GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 17 de diciembre de 2014

NA HORA DE LER...


... Eu vivía na fin do mundo.

Retomando os nosos Petiscos literarios, estas últimas semanas estivemos a contar contos durante a Hora de Ler nos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria. A lectura elixida foi un precioso álbum ilustrado de Ramón Trigo: Eu vivía na fin do mundo. Este libro recibíu, no ano 2007, o Premio de Álbum Ilustrado Cabildo de Gran Canaria. E, a verdade, non nos extraña, porque descubrimos que, nesta obra, nada está feito ó azar.

Por moitos motivos, Eu vivía na fin do mundo ten moita relación co noso PDI deste curso: Un mar de linguas. Pero tamén nos fixo reflexionar sobre nós mesmos. E, como dicían esta mesma mañán os nenos e nenas de 3º A... cando fas fronte ós teus propios medos, podes sentirte realmente libre!

Aquí vos deixamos algunhas imaxes. Habería moitas máis, pero... o fotógrafo non sempre estaba dispoñible!

No hay comentarios: