GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

viernes, 12 de diciembre de 2014

UNHA DE REFRÁNS!



Cos de 2º A, no seu Venres de Viva Voz.

Estes rapaces e rapazas de 2º A sonvos moi traballadores. Por iso este Venres de Viva Voz que presentan non só é un recitado duns refráns que aprenderon, senon o resultado dunha fructífera tarefa de investigación e de razoamento.

Primeiro, recabaron información entre as súas familias, recopilando unha escolma de refráns. Logo intentaron comprendelos. E, por último, crearon este interesante diálogo no que contextualizan o dito tradicional.

Quen di que non son competentes...?


Imaxe: Ecelan. La Puebla de Alfindén: Entrada Biblioteca Municipal. Cerámica: refranes. En Creative Commons. CC BY SA. 

jueves, 11 de diciembre de 2014

UNHA DE PIRATAS!




O pirata Pata de Lata.

Contado polos nenos e nenas de 5 anos B para o seu Venres de Viva Voz. Aquí os tendes!

martes, 9 de diciembre de 2014

DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS



Dereito a emigrar... e a retornar!

O 10 de decembro de 1948 a ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Dous anos despois, en 1950, a Asamblea Xeral proclamou o 10 de decembro Día Internacional dos Dereitos Humanos. 

No marco do noso PDI (Un mar de linguas), un dos temas a traballar será o da emigración. O mar, ó longo dos séculos, ten sido a canle a través da cal milleiros de persoas, abandonando a súa propia, téñense achegado a novas terras na procura de aventuras ou dun futuro mellor.

No actual contexto de crise económica milleiros de mozos e mozas do noso país emigran en busca de traballo. Ogallá que, moi cedo, toda esta mocidade poida retornar onda nós, tal e como establece o artigo 13.2. da Declaración Universal dos Dereitos Humanos:

Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio, e a retornar ó seu país. 

Imaxe: Daniel G. Estatua de Tocón dedicada al emigrante. En Wikimedia Commons. CC BY SA. 

lunes, 8 de diciembre de 2014

UN CARBALLO CAE NA PISCINA DO BALNEARIO DE MONDARIZ




A Nova da Semana. 

Os nenos e nenas de 4º B analizan esta nova no noso programa semana.


Se premedes na imaxe poderedes comprobar outras novas destacadas da semana comprendida entre o 24 e o 28 de novembro.


martes, 2 de diciembre de 2014

SELO DE BOAS PRÁCTICAS DE LEER.ES


Sello de Buena P ráctica Iberoamericana leer.es

No mes de novembro. 

Hoxe recibimos unha grata nova: o Selo de Boas Prácticas Ibericanas concedido por Leer. es ó blog da nosa Biblioteca.

Para coñecer os motivos da nosa mención podedes premer na imaxe, e accederedes á información recollida no seu blog. 

Pois parabéns a todos e todas os que, co voso traballo e as vosas actividades, o facedes posible. 


lunes, 1 de diciembre de 2014

O CAZO DE LOURENZO


Unha Tarde de conto para pensar moito.

A semana pasada, Adrián e a súa nai, Charo, contaron nas Tardes de conto este magnífico conto. Logo, coma sempre, houbo un fantástico obradoiro co que todos disfrutaron.

Para que comprobedes o bo ambiente que houbo, aquí están as fotos.



Non coñecedes esta magnífica historia, chea de tenrura...?

Non é o mesmo que escoitar a Adrián e á súa nai. Pero, con este vídeo, podedes coñecer a Lorenzo e a súa fermosa historia.




Grazas, Charo e Adrián, por nos achegar esta fermosa historia que nos fai máis humáns. 

O PIRATA PEPE E OS ANIMAIS



Un Venres de Viva Voz de conto.

Os nenos e nenas de 5 anos A contaron este conto para o seu Venres de Viva Voz.