O 10 de decembro de 1948 a ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Dous anos despois, en 1950, a Asamblea Xeral proclamou o 10 de decembro Día Internacional dos Dereitos Humanos.
No marco do noso PDI (Un mar de linguas), un dos temas a traballar será o da emigración. O mar, ó longo dos séculos, ten sido a canle a través da cal milleiros de persoas, abandonando a súa propia, téñense achegado a novas terras na procura de aventuras ou dun futuro mellor.
No actual contexto de crise económica milleiros de mozos e mozas do noso país emigran en busca de traballo. Ogallá que, moi cedo, toda esta mocidade poida retornar onda nós, tal e como establece o artigo 13.2. da Declaración Universal dos Dereitos Humanos:
Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio, e a retornar ó seu país.
Imaxe: Daniel G. Estatua de Tocón dedicada al emigrante. En Wikimedia Commons. CC BY SA.

No hay comentarios:
Publicar un comentario