GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 9 de junio de 2013

DECORANDO AS NOSAS PORTAS



Segundo o noso PDI.

Nos últimos meses, as portas das aulas de Primaria foron cambiando de aspecto. Pouco a pouco, transformáronse en expositores da nosa propia tarefa, integrando a temática traballada sobre o pan e refráns alusivos.

Agora que chega o tempo de colleitar o que fomos sementando ó longo do curso, e de facer avaliación, parece un bo intre para presentar esta tarefa.

Aquí tendes o proceso e os resultados.

sábado, 8 de junio de 2013

VISITA DO C.E.E. SALADINO CORTIZO



Foron os nosos invitados do programa Interteatro. 

O martes día 5 de xuño recibimos a visita dos rapaces e rapazas do C.E.E. Saladino Cortizo, que ofreceron ós nenos de Educación Infantil e Primeiro Ciclo de Primaria un conto máxico: Unha eiruga moi larpeira. 

E foi máxico en dous sentidos: en primeiro lugar, pola fermosura do conto en si, unha das xenialidades de Eric Carle; pero tamén pola beleza da presentación, empregando a técnica do teatro negro.

Mágoa que non sexa doado reproducilo. Por iso só podemos vos amosar a foto do encabezamento.

A xornada rematou coa convivencia dos actores e o alumnado do noso centro.

Grazas, chicos! 

AI, ONDAS DO MAR DE VIGO...



A última saída da A.N.P.A.

Cunha semana de retraso, relatámosvos a última saída da A.N.P.A., que, sen telo pretendido, enlaza de xeito perfecto co P.D.I. que desenvolveremos o curso que ven: A lingua sabe a mar.

O domingo 2 de xuño xuntámonos 100 persoas (e máis que quedaron á cola) para visitar as illas de San Simón e San Antón. Antes de chegar, dimos un fenomenal paseo en barco entre mares de bateas e historias de galeóns afundidos.

A visita a San Simón transportounos a un mundo fantástico. No aer perduraba o arrecendo das historias dos trobadores, de antigos mosteiros, de sanguinarios piratas, de capitáns nemos viaxando en naves submariñas... Pero tamén a dor dos enfermos que pasaban a súa corentena no lazareto, dos moribundos que remataban aquí os seus días, ou dos presos políticos amoreados nesta illa que, pese á súa fermosura, chegou a constituír un auténtico campo de concentración. A cara e a cruz destas illas que, antes de ser abandonadas nos anos 60 do século XX tiveron un último uso: orfanato.

Ademais desta longa historia, a Illa de San Simón constitúe un emprazamento natural único, con especies chegadas de ultramar, bosques de boj de máis de 250 anos e eucaliptos dun grosor incrible.

Un día fantástico que rematou cunha comida familiar (aínda que multitudinaria) na praia de Cesantes.




Parabéns ós organizadores por esta viaxe tan fantástica que nos transporta a mundos de lenda!

miércoles, 5 de junio de 2013

GRANDE FESTA DA LINGUA



Remata o noso PDI. 

O fermoso Proxecto deste curso (A lingua sabe a pan) chega ó seu fin. E, como cada curso, faino ó grande e en familia.

Que difícil resumir todo o traballo desenvolvido neste día e o entusiasmo experimentado por todos os participantes! As fotografías, aínda que mudas, falan de todo iso. Nós soamente podemos dar un GRAZAS enorme a todos e a todas as que vivistes connosco a maxia deste día: profesorado, alumnado, membros da ANPA, e familias. 


Aínda que cansos, xa estamos desexando que chegue o Día da Feira do vindeiro curso!



     PREPARATIVOS

     OBRADOIROS
    MERENDA











XOGOS





COMIDA











FESTIVAL


 



EXPOSICIÓN


lunes, 3 de junio de 2013

XA TEMOS GAÑADOR DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA DIXITAL!


Unha foto que sabe a tradición.

A fariña, a artesa, a fermento... a tradición moi pegadiña ó pel, aspirada a través das fosas nasais e almacenada na médula dos ósos.

Esas son as sensacións que nos produce a fotografía gañadora do noso Concurso, da que é autora a Familia Mete Vázquez, e que, como non, leva por lema Coas mans na masa.




Grazas a todas as persoas que participastes coas vosas fotografías, e grazas tamén ós que, co voso voto, decidistes o gañador desta edición, no que teñen quedado como finalistas a Familia Rodríguez Domínguez (O meu apartamento sabe a pan) e a Familia López Araújo (Muíño tras muíño). 





Se queredes lembrar as fotografías participantes, podedes premer neste enlace. 


Parabéns, e... Feliz Día da Feira!

sábado, 1 de junio de 2013

ÚLTIMA TARDE DE CONTO



Con Inés, e en francés.

Inés, a nosa alumna de 5º B, foi a protagonista da última Tarde de Conto deste curso.

Inés e os seus irmáns (Lucas e Evan) chegaron o curso pasado ó centro, procedentes de Suiza. Por iso, o seu conto foi a ocasión de aprender algunhas palabras en francés.

O conto elixido foi Spot va a l'école, e narra o primeiro día de clase de Spot. Moi divertido!

Tras o conto, un obradoiro de pintura para aprender as cores en francés.

Pasámolo moi ben.


Grazas, Inés!

VISITA DE MAR GUERRA



Para os alumnos de Terceiro Ciclo.

Os rapaces e rapazas de 5º e 6º de Primaria leron este curso Xenaro e o misterio da mochila verde, da escritora Mar Guerra. Por tal motivo, o pasado xoves tiveron a ocasión de coñecela, xa que se achegou onda nós para saber máis dela e da súa obra.

O encontro rematou escribindo cada un nun papel a súa palabra galega favorita, e coa firma de exemplares.

E, como non, entregándolle unha imaxe da nosa mascota como recordo.

Aquí tendes as fotos da sesión:



E aquí o amable comentario que Mar Guerra deixou no noso libro de visitas, especialmente adicado ó profesorado.



Grazas, Mar!