GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

domingo, 5 de septiembre de 2010

COMENZAR O CURSO LENDO E ESCRIBINDO



Grazas a Óscar, o meu afillado, coñecín este Concurso de Redacción organizado por La Voz de Galicia.

O abano de idades dos participantes é bastante amplo (existen, de feito dúas categorías), polo que é difícil establecer comparacións. De todos os xeitos, ler estes contos escritos libremente pola rapazada pode resultar interesante e gratificante. Neste enlace podedes ler todos:


Disculparedes que, co meu orgullo de madriña, vos presente especialmente o conto de Óscar. Cando o lin quedei sen palabras: non me chegaban as do meu vocabulario para expresar a miña emoción. Así que quero compartilo convosco, que, quizais, podades xuzgalo cunha mirada máis obxectiva que a miña. Titúlase Limpieza de verano.

Ademais de Óscar, tamén teñen presentado relatos outros amiguiños meus: Dani (o seu irmán de 9 anos) e Sabela.

Se sodes lectores de La Voz de Galicia en versión papel, atoparedes en diferentes números uns cupóns para participar como xurado neste concurso.

jueves, 2 de septiembre de 2010

PREPARADOS PARA DEGUSTAR NOVAS LECTURAS!



Comenza o curso. Novos mestres, novos compañeiros, novas lecturas ...

Para ir abrindo boca e empezar a disfrutar xa das lecturas que este novo curso nos depara, presentámosvos o seguinte menú:

1. De entrante, esta Dieta para pacientes ávidos de lecturas, elaborada por María Bermúdez e o seu Equipo de Biblioteca de Caracolatola (Biblioteca do C.E.I.P. Alexandre Bóveda de Chapela).




2. Como prato forte, deixovos este vídeo que coñecimos a través de Gracia Santorum, de Trafegando Ronseis.




3. Pero... os que sodes galdrumeiros coma min, sentiredes que esta suculenta comida está incompleta sen un delicioso postre. Aí vai a miña recomendación: O incrible neno devorador de libros, un magnífico álbum ilustrado escrito por Oliver Jeffers, traducido ó galego por Laura Sáez e adaptado polo ilustrador Óscar Villán. É a obra coa que se estrenou no ano 2009 a editora Patasdepeixe. Un libro co que todos, grandes e pequenos, poderemos disfrutar. A ver se seguides o ronsel de Henri e acabades por vos convertir nos nenos máis listos do mundo...!



Que teñades unha boa dixestión despois desta suculenta comida!

martes, 3 de agosto de 2010

ENTREVISTA A JAVIER CELAYA


A Fundación Telefónica preséntanos esta entrevista a Javier Celaya. 

Javier Celaya (http://www.dosdoce.com), un dos meirandes expertos en Novas Tecnoloxías do noso país, está especialmente interesado no impacto das mesmas na lectura e na escritura. Unha contribución, polo tanto, fundamental no mundo as Bibliotecas Escolares.

Nesta curta e clarificadora entrevista, Javier Celaya expón con sinxeleza a súa opinión sobre a implantación das Novas Tecnoloxías no mundo editorial. Grandes cambios (e novos soportes) están a modificar o noso xeito de ler.

Damos as grazas a Cristina Novoa, asesora de Bibliotecas Escolares, por nos ter agasallado con ela.






NON TODO É TECNOLOXÍA




O noso país está a facer un importante esforzo por introducir as Novas Tecnoloxías na Educación, pero... non só se trata de dotar ás aulas con novos recursos tecnolóxicos.

Sendo a dotación importante, se esta non vai acompañada dun cambio de metodoloxía, se, ante todo, non aplicamos o sentido común, todo pode quedar nun fracaso. Nin se trata de "tirar pola borda" o que se está a facer ben, nin de aplicar "sen ton nin son" o que soa a novidade. Como xa dicían aqueles primeiros grandes filósofos gregos, a verdade sempre está no xusto medio.

Cristina Novoa, asesora de Bibliotecas Escolares, achegounos este artigo publicado en XarxaTIC, la página de la Tecnología. Leamos, reflexionemos e actuemos en consecuencia.

martes, 27 de julio de 2010

UN NOVO BLOG NA FAMILIA


Preséntovos o novo blog da miña Aula de Música: As cousas de Avelino.

Como todos os nacementos, aínda ten moito que medrar e que engordar, pero... non deixa de ser un feliz acontecemento. Sen dúbida, a vida de O lar de Frianciño, o seu, pai, tamén vai cambiar a partir de agora!

Podedes botarlle unha ollada na dirección: 



lunes, 26 de julio de 2010

TES QUE PARALO!




Unha campaña a favor da Paz en Afganistán

Dende Trafegando Ronseis, Gracia Santorum achéganos este vídeo, que forma parte dunha Campaña da Asociación por los Derechos Humanos en Afganistán (ASDHA) e o Coleutiu Milenta Muyeres. Esta campaña pretende evitar que criminais de guerra afganos presenten a súa candidatura para as eleccións parlamentarias que terán lugar en Afganistán o vindeiro mes de setembro.

Como o saber non ocupa lugar, despois de visualizar este documento poderás chegar a comprender mellor a situación que se vive neste país (por desgraza) tan de moda.

Se despois de telo feito estás sensibilizado, podes pór o teu grao de area para evitar esta situación inxusta e firmar a través deste enlace. A túa firma xenera inmediatamente un e-mail que recibirán as autoridades de Estados Unidos e a Unión Europea.

Grazas por adicar uns minutos do teu tempo por unha boa causa!