O noso país está a facer un importante esforzo por introducir as Novas Tecnoloxías na Educación, pero... non só se trata de dotar ás aulas con novos recursos tecnolóxicos.
Sendo a dotación importante, se esta non vai acompañada dun cambio de metodoloxía, se, ante todo, non aplicamos o sentido común, todo pode quedar nun fracaso. Nin se trata de "tirar pola borda" o que se está a facer ben, nin de aplicar "sen ton nin son" o que soa a novidade. Como xa dicían aqueles primeiros grandes filósofos gregos, a verdade sempre está no xusto medio.
Cristina Novoa, asesora de Bibliotecas Escolares, achegounos este artigo publicado en XarxaTIC, la página de la Tecnología. Leamos, reflexionemos e actuemos en consecuencia.

No hay comentarios:
Publicar un comentario