...para iniciar o curso.
Esta mañán comezou o curso, e o noso alumnado foi de sorpresa en sorpresa dende que se abriron as portas do patio. Á ledicia do reencontro (tamén houbo nervios e choros, como non) sumouse a ilusión de atopar uns espazos renovados e amplos. E a iso, a reportaxe que un periodista do Faro de Vigo realizou durante a xornada.
Neste enlace atoparedes a dita información, aloxada na web de Faro de Vigo.
Un dos espazos creados este curso foi a Zona de Lectura do vestíbulo de Primaria, con catro espazos diferenciados nos que o alumnado poderá ler na súa postura favorita. Iso, acompañado de música, xa que tamén temos estreado megafonía. Xa vedes, tentando mellorar as condicións para que a lectura medre, e medre, e medre...
Deixámosvos coas imaxes deste novo Espazo Lector inaugurado esta mañán polo alumnado de 6º B durante a Hora de Ler.

No hay comentarios:
Publicar un comentario