Pouco a pouco, todas as pezas da engrenaxe comezan a encaixar, e o noso Plan Anual de Lectura empeza a funcionar. Hoxe mesmo, alumnado de 1º, 3º e 6º de Primaria acudiron á Biblioteca para disfrutar co primeiro empréstito do curso. Mirade que contentos! Como rapaces con zapatos novos!
GRAZAS!
A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.
Para vós, para sempre: GRAZAS!
lunes, 28 de septiembre de 2015
COMEZAN OS EMPRÉSTITOS...
Pouco a pouco, todas as pezas da engrenaxe comezan a encaixar, e o noso Plan Anual de Lectura empeza a funcionar. Hoxe mesmo, alumnado de 1º, 3º e 6º de Primaria acudiron á Biblioteca para disfrutar co primeiro empréstito do curso. Mirade que contentos! Como rapaces con zapatos novos!
miércoles, 23 de septiembre de 2015
NA HORA DE LER...
... estreamos o Espazo Lector.
Durante estes primeiros días do curso, todas as aulas de Educación Primaria estanse a rotar para experimentar o que é ler nos nosos Espazos Lectores do piso de Primaria. Hoxe foi a quenda dos nenos e nenas de 2ºA, que, como podedes ver nas imaxes, estiveron moi atentos ós seus libros. A profe Lourdes estivo atenta para retratar este intre tan especial.
Grazas, profe...!
lunes, 21 de septiembre de 2015
domingo, 20 de septiembre de 2015
VIVIMOS NUN MUNDO MATEMÁTICO
Unha actividade familiar para ver con ollos matemáticos a realidade que nos circunda.
Comeza outra andaina, e, como a cabeza non para, propómosvos unha nova actividade familiar.
Sabedes que vivimos nun mundo matemático...? Tendes reparado que, vaiamos por onde vaiamos, estamos rodeados de números, liñas, curvas, espirais, figuras xeométricas...?
Con esta actividade pretendemos que miredes o mundo con outros ollos, e que nos fagades partícipes dos vosos descubrimentos.
En que vai consistir a actividade...?
- Nas reunións de inicio de curso entregarásevos unha circular na que podedes solicitar a participación da vosa familia. Devolvédea debidamente cuberta ó titor/a do voso fillo/a.
- Cando a actividade estea organizada, recibiredes durante unha fin de semana a visita da nosa mascota, Frianciño.
- Deberedes enviarnos a través do correo electrónico dúas imaxes:
- un primeiro plano dun elemento matemático que teñades atopado;
- unha imaxe panorámica na que se vexa o contexto que rodea o elemento anteriormente fotografado, e na que figuren Frianciño e o voso fillo/a.
- en que consiste o elemento matemático fotografado;
- a data, o nome dos protagonistas e o lugar onde se atopan.
5. As imaxes e os comentarios serán enviados á dirección:
biblioteca@ceipfrianteis.com
6. As vosas aportacións publicaranse semanalmente no blog da Biblioteca.
A modo de exemplo, deixámosvos estas dúas imaxes, cos seus comentarios:
Unha circunferencia dividida por unha liña en dúas semicircunferencias.
Esta imaxe podería ter sido tomada en calquera cancha de baloncesto. Pero Frianciño non tivo que marchar moi lonxe da súa casa, a Biblioteca do cole. Cun par de batir de ás, e acompañado de Roi, atopou este elemento matemático no patio superior do colexio, o venres pasado, día 18 de setembro. Despois da cicloxénese, o sol comezaba a lucir, e anunciaba unha fantástica fin de semana.
Non é tan difícil, non si...? Pois... agardamos a vosa colaboración entusiasta, familias...!
jueves, 17 de septiembre de 2015
A MIÑA VIDA CON PANDI
Para os que xa temos uns poucos de anos, a "canción do verán" é xa todo un clásico. Se Georgie Dann era o rei, a raíña dos "contos do verán" no noso cole é Alexandra, alumna de 3º de Primaria. Como xa ven sendo tradicional, ó rematar o curso agasallounos coa súa nova publicación. Xa que tivemos dificultades para facelo antes, publicamos agora o seu traballo.
Grazas, Alexandra!
jueves, 10 de septiembre de 2015
DE SORPRESA EN SORPRESA...
...para iniciar o curso.
Esta mañán comezou o curso, e o noso alumnado foi de sorpresa en sorpresa dende que se abriron as portas do patio. Á ledicia do reencontro (tamén houbo nervios e choros, como non) sumouse a ilusión de atopar uns espazos renovados e amplos. E a iso, a reportaxe que un periodista do Faro de Vigo realizou durante a xornada.
Neste enlace atoparedes a dita información, aloxada na web de Faro de Vigo.
Un dos espazos creados este curso foi a Zona de Lectura do vestíbulo de Primaria, con catro espazos diferenciados nos que o alumnado poderá ler na súa postura favorita. Iso, acompañado de música, xa que tamén temos estreado megafonía. Xa vedes, tentando mellorar as condicións para que a lectura medre, e medre, e medre...
Deixámosvos coas imaxes deste novo Espazo Lector inaugurado esta mañán polo alumnado de 6º B durante a Hora de Ler.
miércoles, 9 de septiembre de 2015
NOVO CURSO
E para iniciar esta nova andaina, nada mellor que esta marabillosa frase de Aristóteles:
Educar ós homes non é como encher un vaso, senon como acender un lume.
Pois a ver se somos quen de provocar (no sentido figurado) un gran incendio.
Boa andaina!
Imaxe: By Odabade90 (Own work) CC BY-SA 3.0, via Wikimedia Commons.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)







