Bo e pacífico Nadal!
GRAZAS!
A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.
Para vós, para sempre: GRAZAS!
jueves, 25 de diciembre de 2014
miércoles, 24 de diciembre de 2014
CHEGA O NOSO TRADICIONAL VÍDEO NAVIDEÑO
Os nosos alumnos e alumnas felicítanvos o Nadal con este vídeo que percorre o mundo en busca das orixes dos distintos pobos que chegaron ata nós ó longo da Historia. Un pequeno traballo documental sobre o noso PDI deste curso: Un mar de linguas.
Bo Nadal!
jueves, 18 de diciembre de 2014
PROCESIÓN MARÍTIMA
Como cada ano, as nosas familias teñen aproveitado a Ponte de decembro para elaborar os seus adornos navideños. Este curso, atendendo ó título do noso PDI Un mar de linguas, a proposta do Equipo de Convivencia consistíu nun barco.
A creatividade das nosas familias é enorme. Mostra disto é a escolma que temos recollido:
ÚLTIMA TARDE DE CONTO DO ANO
A derradeira Tarde de Conto de 2014 tivo un sabor navideño, ó ser Papá Noël o protagonista dos dous relatos: O segredo de Papá Noël e A casa de Papá Noël.
Como podedes ver nas fotos, a sesión rematou cun obradoiro de motivos navideños.
Grazas a Gael e á súa nai, Yolanda, por nos preparar esta tarde tan entrañable!
miércoles, 17 de diciembre de 2014
SEGUIMOS COS PETISCOS LITERARIOS
En 5º e 6º de Primaria.
Tamén os maiores do cole tiveron a súa lectura durante a Hora de Ler. Nesta ocasión, a contadora foi a profe Montse, e a lectura elixida... como non...! Vinte mil leguas de viaje submarino, de Jules Verne. (Para saber máis sobre este autor e a súa relación con Vigo, preme neste enlace).
Por suposto, a lectura ten moitísimo que ver co noso PDI Un mar de linguas. E iso sábeno ben os rapaces e rapazas de 5ª A, que este curso van estudiar a Batalla de Rande.
NA HORA DE LER...
Retomando os nosos Petiscos literarios, estas últimas semanas estivemos a contar contos durante a Hora de Ler nos cursos de 1º, 2º, 3º e 4º de Primaria. A lectura elixida foi un precioso álbum ilustrado de Ramón Trigo: Eu vivía na fin do mundo. Este libro recibíu, no ano 2007, o Premio de Álbum Ilustrado Cabildo de Gran Canaria. E, a verdade, non nos extraña, porque descubrimos que, nesta obra, nada está feito ó azar.
Por moitos motivos, Eu vivía na fin do mundo ten moita relación co noso PDI deste curso: Un mar de linguas. Pero tamén nos fixo reflexionar sobre nós mesmos. E, como dicían esta mesma mañán os nenos e nenas de 3º A... cando fas fronte ós teus propios medos, podes sentirte realmente libre!
Aquí vos deixamos algunhas imaxes. Habería moitas máis, pero... o fotógrafo non sempre estaba dispoñible!
lunes, 15 de diciembre de 2014
ARROZ CON CHÍCHAROS
Que bo prato para o Venres...!
Os rapaces e rapazas de 2º B, despois de estudiar o tema da alimentación, aprenderon esta canción tradicional, cunha particularidade... traducírona ó romanés. E cantáronola no seu Venres de Viva Voz.
Unha boa iniciativa para o noso PDI Un mar de linguas!
VIAXE NO TEMPO...
Sobre isto trata a Nova da Semana narrada polos alumnos e alumnas de 6º B.
domingo, 14 de diciembre de 2014
A CALZADA DOS XIGANTES
Unha lenda irlandesa nas Tardes de Conto.
O pasado martes día 2 de decembro as Tardes de Conto foron moi internacionais. Estivo connosco Bea, a nai de Noa e Aroa, que nos contou unha lenda irlandesa que fala de dous xigantes: un irlandés e outro escocés.
Tras o relato, entre todos os participantes elaboramos a nosa calzada.
Como vedes, unha tarde internacional e colaborativa.
DOODLES ADICADOS Á LITERATURA INFANTIL E XUVENIL
O pasado venres celebrabamos o centenario de Platero y yo, o delicioso relato de Juan Ramón Jiménez. Por tal motivo, Google adicou un doodle na súa páxina de inicio a esta obra.
Hoxe, a profe Montse achéganos este enlace no que se analizan todos os doodles adicados á literatura infantil e xuvenil.
Porque a LIX non é un xénero menor...!
AMOR VERDADEIRO
Sobre isto trata a Nova da Semana que presentaron os rapaces e rapazas de 6º B.
viernes, 12 de diciembre de 2014
UNHA DE REFRÁNS!
Cos de 2º A, no seu Venres de Viva Voz.
Estes rapaces e rapazas de 2º A sonvos moi traballadores. Por iso este Venres de Viva Voz que presentan non só é un recitado duns refráns que aprenderon, senon o resultado dunha fructífera tarefa de investigación e de razoamento.
Primeiro, recabaron información entre as súas familias, recopilando unha escolma de refráns. Logo intentaron comprendelos. E, por último, crearon este interesante diálogo no que contextualizan o dito tradicional.
Quen di que non son competentes...?
Imaxe: Ecelan. La Puebla de Alfindén: Entrada Biblioteca Municipal. Cerámica: refranes. En Creative Commons. CC BY SA.
jueves, 11 de diciembre de 2014
UNHA DE PIRATAS!
O pirata Pata de Lata.
Contado polos nenos e nenas de 5 anos B para o seu Venres de Viva Voz. Aquí os tendes!
martes, 9 de diciembre de 2014
DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS
O 10 de decembro de 1948 a ONU aprobou a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Dous anos despois, en 1950, a Asamblea Xeral proclamou o 10 de decembro Día Internacional dos Dereitos Humanos.
No marco do noso PDI (Un mar de linguas), un dos temas a traballar será o da emigración. O mar, ó longo dos séculos, ten sido a canle a través da cal milleiros de persoas, abandonando a súa propia, téñense achegado a novas terras na procura de aventuras ou dun futuro mellor.
No actual contexto de crise económica milleiros de mozos e mozas do noso país emigran en busca de traballo. Ogallá que, moi cedo, toda esta mocidade poida retornar onda nós, tal e como establece o artigo 13.2. da Declaración Universal dos Dereitos Humanos:
Toda persoa ten dereito a saír de calquera país, incluso do propio, e a retornar ó seu país.
Imaxe: Daniel G. Estatua de Tocón dedicada al emigrante. En Wikimedia Commons. CC BY SA.
lunes, 8 de diciembre de 2014
UN CARBALLO CAE NA PISCINA DO BALNEARIO DE MONDARIZ
A Nova da Semana.
Os nenos e nenas de 4º B analizan esta nova no noso programa semana.
martes, 2 de diciembre de 2014
SELO DE BOAS PRÁCTICAS DE LEER.ES
No mes de novembro.
Hoxe recibimos unha grata nova: o Selo de Boas Prácticas Ibericanas concedido por Leer. es ó blog da nosa Biblioteca.
Para coñecer os motivos da nosa mención podedes premer na imaxe, e accederedes á información recollida no seu blog.
Para coñecer os motivos da nosa mención podedes premer na imaxe, e accederedes á información recollida no seu blog.
Pois parabéns a todos e todas os que, co voso traballo e as vosas actividades, o facedes posible.
lunes, 1 de diciembre de 2014
O CAZO DE LOURENZO
A semana pasada, Adrián e a súa nai, Charo, contaron nas Tardes de conto este magnífico conto. Logo, coma sempre, houbo un fantástico obradoiro co que todos disfrutaron.
Para que comprobedes o bo ambiente que houbo, aquí están as fotos.
Non coñecedes esta magnífica historia, chea de tenrura...?
Non é o mesmo que escoitar a Adrián e á súa nai. Pero, con este vídeo, podedes coñecer a Lorenzo e a súa fermosa historia.
Grazas, Charo e Adrián, por nos achegar esta fermosa historia que nos fai máis humáns.
O PIRATA PEPE E OS ANIMAIS
Os nenos e nenas de 5 anos A contaron este conto para o seu Venres de Viva Voz.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)















