GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 15 de mayo de 2014

I QUEDADA LITERARIA



No Parque de Castrelos.

Talvez esteamos a escribir historia. O caso é que o noso cole participou esta mañán na I Quedada Literaria, con outros coles de Vigo: Chouzo, Ría de Vigo, Carrasqueira, O Pombal, Santa Mariña de Redondela, o IES de O Castro e o IES Pino Manso de Porriño.

Foi unha xornada de lectura en lingua galega, e de compartir libros, merendas, experiencias e fala. Unha auténtica homenaxe á nosa lingua polo Día das Letras Galegas.

Participaron do noso cole os alumnos pertencentes ós clubes de lectura de 5º e 6º curso de Primaria, e os de 2º A, que, como sabedes, son os máis lectores e investigadores do colexio.

A nós tocounos compartir lectura e merenda cos rapaces do terceiro ciclo de O Chouzo e cos de 2º do Ría de Vigo.

Logo, xuntanza nos xardíns do Pazo para o acto de Clausura, que estivo amenizado por Uxía Blanco.  Os nosos nenos recitaron dous poemas de Antón García Teijeiro (O mar e Polas ondas un navío) e contaron a historia de Cormarín. Fixérono de marabilla. Estamos moi orgullosos deles.



Quixeramos salientar a magnífica tarefa organizativa de Antonio Fernández (compañeiro nas tarefas bibliotecarias do CIFP Manuel Antonio) e de Marta (técnica de Normalización Lingüística do Concello de Vigo). E non faltaron nin a tele nin Protección Civil para nos acompañar. 

Grazas, Antonio e Marta, por facer posible un día tan fermoso. 

No hay comentarios: