GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

jueves, 29 de mayo de 2014

A CONSERVACIÓN DO PEIXE



Unha investigación dos alumnos e alumnas de 6º B.

Os alumnos de 6º curso investigaron sobre a conservación do peixe. En concreto, os de 6º B fixérono sobre a conservación tradicional (secado, salgadura...).

Aquí tendes algúns exemplos dos traballos realizados:

Parabéns, chicos!

Imaxe: Bacalao - Salazón. En WikipediaCC BY

miércoles, 28 de mayo de 2014

A VOTAR...!



Grazas a todos os que tendes participado. 

Custou, pero, ó remate, conseguimos un bo feixe de fotos. Como podedes comprobar neste enlace, preciosas.

Agora cómpre votar. Tendes de prazo ata o domingo 1 de xuño. Esperamos, unha vez máis, a vosa colaboración. Podedes facelo neste formulario: 


O premio... o Día da Feira! Esperámosvos!



martes, 27 de mayo de 2014

MÉTODOS NON TRADICIONAIS PARA A CONSERVACIÓN DO PEIXE


2006 sardines can open top. En Wikipedia. CC BY SA

En 6º A.

Os rapaces de 6º curso de Primaria traballaron sobre a conservación do peixe. No caso dos de 6º A fixérono sobre os métodos non tradicionais (refrixerado, conxelación, enlatado...).

Aquí están algúns exemplos dos seus traballos:

Parabéns, chicos!

lunes, 26 de mayo de 2014

HAI UNHA ESCOLA NO FONDO DO MAR


Posidonia 2, de Alberto Romeo. En Wikipedia. CC BY SA

O Venres de Viva Voz dos nenos e nenas de 3 anos A.

Para o seu Venres de Viva Voz, os nenos e nenas de 3 anos A recitaron o poema Hai una escola no fondo do mar.

Para comelos!



domingo, 25 de mayo de 2014

PEIXES E ANIMAIS MARIÑOS DE GALICIA


Dansa dels reidi, de rakfb, en FlickrCC BY

O traballo dos nenos e nenas de Educación Infantil.

Para traballar o noso PDI, os nenos e nenas de Educación Infantil investigaron sobre os peixes e os animais mariños de Galicia.

Aquí tendes o seu traballo:

Parabéns, chicos!

AMPLIAMOS O PRAZO...!


... do noso Concurso de Fotografía Familiar!

Ata o vindeiro mércores 28 de maio.

Neste enlace poderás ver as primeiras imaxes presentadas, e as bases do concurso.

Animádevos...!


A FEIRA DO LIBRO XA ESTÁ EN VIGO



Adiantada casi un mes. 

Xa está instalada na Alameda a Feira do Libro 2014. Unha boa ocasión para pasar unha tarde familiar, folleando os títulos que presentan as distintas editoriais, disfrutando do festival musical ou mercando algún álbume para os máis cativos (eu xa teño mercado o meu). 

Aquí tendes o enlace ó programa. 

Disfrutade!

NOVA NO ZOO DA MADROA


Dansa dels reidi, de rakfb, en Flickr. CC BY

Contada polos reporteiros de 3 anos B.

Os nenos e nenas de 3 anos B cóntannos esta nova acaecida no zoo da Madroa.

Haberá que levalos alí, papás e mamás...!



sábado, 24 de mayo de 2014

DITOS E POEMAS


Speech, de Tim Morgan. En Flickr. CC BY

Dos nenos e nenas de 3 anos B.

Para o seu Venres de Viva Voz prepararon este gracioso programa.

Mirade que ben o fan!

MEDUSAS VELENOSAS EN PATOS


Jellyfish, de Katrina Curato. En Wikipedia. CC BY SA.

A Nova da Semana de 3 anos A.

Os nenos e nenas de 3 anos A presentaron esta nova acaecida hai uns meses, pero moi apropiada para eles, xa que a mascota da súa aula é a Medusa Pitusa.



Parabéns, chicos!

viernes, 23 de mayo de 2014

QUE FAS NO RECREO...?



Pode ser un bo intre para investigar na Biblioteca. 

Como vedes, estas alumnas aproveitan o seu recreo para investigar nos ordenadores da Biblioteca e completar os cuestionarios de A voltas coa lingua.


Non vos parece unha boa opción?

VEÑA...! ANIMÁDEVOS...! QUE REMATA O PRAZO...!



Do noso Concurso de Fotografía Familiar.

O noso mar é ben fermoso, e, seguramente, tendes gardadas no disco duro un montón de imaxes preciosas para participar.

Outra opción (se o tempo acompaña) é achegarse esta fin de semana á beira do mar, enfocar... e premer no botón.

Sexa cal sexa a vosa opción, non deixedes de participar no noso Concurso, que xa empeza a ter unha longa tradición.

Lembrade as bases do Concurso neste enlace.

E aquí tendes as primeiras imaxes:




Participade...!

jueves, 22 de mayo de 2014

MARILUZ AVESTRUZ


Con Sandra, Uxía e Brais.

O pasado martes día 13 de maio achegouse onda nós Sandra, a nai de Brais (5º B) e Uxía (4 anos B). Contounos o precioso conto de Mariluz Avestruz.

Como remate, a rapazada estivo do máis entretida creando as súas propias avestruces. Mirade que chulas quedaron...!



Grazas, familia!

RATO TOM E RATA LUISA



Contado con kamishibai. 

O pasado mércores 7 de maio achegouse ó noso cole Marta, a nai de Adriana (2º curso de Primaria) e Nicolás (Educación Infantil 4 anos A), para nos contar o conto Rato Tom e Rata Luísa. Para iso empregou unha preciosa técnica que ultimamente os nosos alumnos e alumnas comezan a utilizar: o kamishibai.

Como non: durante o obradoiro, a rapazada aprendeu a facer láminas para contar contos deste xeito. Como vedes... moita animación!


Grazas, familia!

lunes, 19 de mayo de 2014

A PRIMEIRA FOTO DO NOSO CONCURSO




Un conto, á beira do mar, é moito máis que un conto.

Este é o título elixido polos autores desta imaxe. Fermosa... non si...?

Animádevos a presentar as vosas. O tempo corre....!


viernes, 16 de mayo de 2014

UN MAR DE LETRAS




Para conmemorar o Día das Letras Galegas.

Este 17 de maio adicamos as Letras Galegas ó poeta Xosé María Díaz Castro. Todas as bibliotecas do PLAMBE queremos sumarnos á celebración en torno a este insigne escritor. Como ten facendo de xeito habitual, a nosa compañeira de andanzas bibliotecarias Rosana Rodiles ten compartido connosco este fermoso cartel que reproducimos:


Ademais de lembrar a Díaz Castro, no noso cole non quixemos desvencellar esta data do PDI que nos ocupa (A lingua sabe a mar). Por tal motivo, elaboramos unha escolma de poemas vencellados co mar escritos por outros homenaxeados nesta data. Aquí a tendes: 



Por último, mostrámosvos o traballo elaborado por todo o alumnado do Centro: o Marfabeto (o noso particular Dicionario do mar). Á espera de ter rematados os traballos en formato dixital, aquí temos a mostra en formato impreso.






Feliz (e refrescante) Día das Letras. 

jueves, 15 de mayo de 2014

I QUEDADA LITERARIA



No Parque de Castrelos.

Talvez esteamos a escribir historia. O caso é que o noso cole participou esta mañán na I Quedada Literaria, con outros coles de Vigo: Chouzo, Ría de Vigo, Carrasqueira, O Pombal, Santa Mariña de Redondela, o IES de O Castro e o IES Pino Manso de Porriño.

Foi unha xornada de lectura en lingua galega, e de compartir libros, merendas, experiencias e fala. Unha auténtica homenaxe á nosa lingua polo Día das Letras Galegas.

Participaron do noso cole os alumnos pertencentes ós clubes de lectura de 5º e 6º curso de Primaria, e os de 2º A, que, como sabedes, son os máis lectores e investigadores do colexio.

A nós tocounos compartir lectura e merenda cos rapaces do terceiro ciclo de O Chouzo e cos de 2º do Ría de Vigo.

Logo, xuntanza nos xardíns do Pazo para o acto de Clausura, que estivo amenizado por Uxía Blanco.  Os nosos nenos recitaron dous poemas de Antón García Teijeiro (O mar e Polas ondas un navío) e contaron a historia de Cormarín. Fixérono de marabilla. Estamos moi orgullosos deles.



Quixeramos salientar a magnífica tarefa organizativa de Antonio Fernández (compañeiro nas tarefas bibliotecarias do CIFP Manuel Antonio) e de Marta (técnica de Normalización Lingüística do Concello de Vigo). E non faltaron nin a tele nin Protección Civil para nos acompañar. 

Grazas, Antonio e Marta, por facer posible un día tan fermoso. 

miércoles, 14 de mayo de 2014

ASÍ FOI A FESTA DOS MAIOS



No Parque da Riouxa.

O pasado domingo 11 de maio xuntámonos no Parque da Riouxa, convocados polo Plan Comunitario de Teis, varios centros educativos e institucións do noso barrio.

Aínda que cun pouco de fresco, o sol brillou, e o público, pouco a pouco, foi enchendo as gradas. A competencia do fútbol e dos maios do Casco Vello non restaron asistencia.

Comezou o acto coa actuación dunha parella de contacontos que nos fixeron pasar un bo rato coas historias de Carmela, o Tío Lobo e o Gato Lambón.

E logo chegou o turno das actuacións. Aquí vos deixamos coas imaxes do día e cun pequeno vídeo da nosa actuación.







martes, 13 de mayo de 2014

VII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA FAMILIAR


Coma sempre, volta polo Día da Feira.

Como xa sabedes, os obxectivos deste Concurso son:
  • facer partícipe a toda a Comunidade Educativa das actividades propostas polo Centro; 
  • fomentar entre as familias o uso das Novas Tecnoloxías.


As  BASES do concurso deste ano son: 
    • O tema proposto é A lingua sabe a mar.
    • prazo para entregar as vosas fotografías remata o domingo 25 de maio de 2013.
    • Cada participante acompañará a súa fotografía dun lema.
    • Forma de entrega: A través do correo electrónico, á dirección:
friancinhojones@gmail.com

    • No correo electrónico incluirase: nome do autor ou familia - curso - lema
    • As fotografías enviadas formarán parte dunha presentación no blog da Biblioteca, onde poderán ser votadas polos internautas. 
    • Os membros do Equipo de Biblioteca aportarán o "voto de calidade", tendo en conta a opinión dos internautas. 
    • A fotografía gañadora servirá para deseñar un cartel publicitario que se exhibirá durante a Festa que organizaremos o día 3 de xuño. 
Esperamos as vosas imaxes...!

lunes, 12 de mayo de 2014

EU QUERO SER MARIÑEIRO



O Venres de Viva Voz dos nenos e nenas de 1º B.

Para o seu Venres de Viva Voz os nenos e nenas de 1º B recitaron este bonito poema de Julia González González.




Moi ben, chicos...!

domingo, 11 de mayo de 2014

UN MAR DE PEIXES



As paredes das nosas aulas vanse cubrindo de motivos mariñeiros.

Así, na aula de 4º A apareceu unha parede cuberta con preciosos peixes decorados de xeitos variados polo alumnado.





Non notades as burbullas a medida que vos mergullades?

sábado, 10 de mayo de 2014

AÍ VEN O MAIO



Dende o noso cole, vai chegando á Rioxa. 

Estes días, na ANPA están a traballar arduamente para preparar o noso maio. Mañán, domingo, será o gran día: reunirémonos na Riouxa para cantar e compartir con outros coles da zona, convocados polo Plan Comunitario de Teis

Convidámosvos a todos a participar. Iso si: vestidos de branco e con ganas de cantar. 

Deixámosvos coa foto do noso maio, que, como vedes, ten que ver moito co noso PDI.





jueves, 8 de mayo de 2014

SONORIZANDO A CELSO EMILIO




Durante o mes de novembro, o estudio da Tradición Oral levounos a coñecer o personaxe de María Soliña.

Tras traballar textos en distintos formatos e soportes, propuxemos inventar novas estrofas a imitación do poema de Celso Emilio.

Aquí tendes as propostas elaboradas polos alumnos e alumnas de 5º B:




Despois de elaborar o seu traballo escrito estes rapaces prepararon este vídeo no que mesturan as coplas do orixinal coas creadas por eles mesmos.





Parabéns, chicos!

miércoles, 7 de mayo de 2014

OFICIOS VENCELLADOS CO MAR



O traballo dos alumnos e alumnas de 5º A.

EUROPA Á CARTA



Con Cristina, da editorial OQO.

Dentro da Campaña de Animación á lectura 2014 (organizada polo Concello de Vigo e a editorial OQO) chegou onda nós esta actividade titulada Europa á carta, integrada na campaña Cociña de contos.

Un verdadeiro obradoiro no que os rapaces e rapazas de 3º curso tiveron que investigar sobre os pratos típicos de cinco países europeos (Polonia, Italia, España, Francia e Portugal), colaborar e traballar en equipo. Aquí notouse quen está acostumado a facelo así, de xeito que o produto (elaborar unha carta para un restaurante e expolo publicamente) resultou moi creativo e didáctico.

Aquí tendes as imáxenes da xornada:




Un obradoiro fantástico. Grazas, Cristina, por facérnolo degustar. 

CONTOS A PEDIR DE BOCA



Con Raquel, da Editorial OQO.

De novo voltou Raquel ó colexio, coa campaña Qontarte (Campaña de Animación á Lectura 2014 do Concello de Vigo e OQO Editora). Nesta ocasión, o tema sobre o que xiraba a campaña era a cociña de contos. E os agraciados, os alumnos e alumnas de 2º A.

Transcribimos a continuación as palabras da nosa reporteira Eva contándonos o que aconteceu neste obradoiro:

O 7 de maio veu Raquel a contarnos uns contos. Eran: Croco, o crocodilo que tiña fame, Sopa de nada e A sopa queima.

Logo fixemos unha manualidade: primeiro metimos a man nunha bolsa con especias e logo debuxámolo nun prato de cartón. Tiña números de cores, os xuntamos e fixemos un banquete.

Como vedes nas fotos, disfrutaron moitísimo.




Raquel: estamos desexando que voltes para nos contar máis contos deliciosos...!

martes, 6 de mayo de 2014

O NENO E A ESTRELA




Un libro que fala de Díaz Castro e de Nimbos. 

Con este precioso conto se estrena Fabaloba Editora. Unha homenaxe ó poeta que este ano homenaxamos nas Letras Galegas. Unha preciosa historia chea de cor, beleza e palabras fermosas.

Preme na imaxe para acceder ó conto na súa versión web.


Grazas a Carmen Sanmartin, do CEIP Santiago Apóstolo de Franza (Mugardos) por facilitarnos esta interesante información. 


ANXO E A SÚA NAI NAS TARDES DE CONTO


Preparando o Día da Nai.

O mércores 30 de abril era un día especial: véspera de ponte festiva. E preámbulo para o Día da Nai. Talvez por iso Anxo e a súa nai (Tini) prepararon o conto titulado En el mundo de las mamás imperfectas.

Coma todos, seguro que as nosas nais teñen algunha imperfección. Pero máis seguro é que son as mellores nais do mundo. Por iso, para rematar, houbo obradoiro: flores enchendo fermosos floreiros para agasallar as nosas mamás.



Grazas, Tini e Anxo!

lunes, 5 de mayo de 2014

A PESCA NA NOSA RÍA


                                           http://gl.wikipedia.org/wiki/Usuario:Xelo2004

O traballo dos alumnos e alumnas de 3º B.

Sobre artes tradicionais de pesca.


Parabéns, chicos!

domingo, 4 de mayo de 2014

PREPARA A TÚA EXPOSICIÓN ORAL



                                                          Einar Faanes
Faino a conciencia.

Xa rematando o curso, cómpre facer a exposición oral dos nosos traballos.

Lembra estes aspectos para que todo saia perfecto.

sábado, 3 de mayo de 2014

O MAR NO TENDAL



Preciosos bordados.

Nos corridores da nosa escola non resulta infrecuente atopar tendais con manualidades elaboradas polos alumnos.

Nesta ocasión, os autores foron os nenos e nenas de 4º B, que traballaron coa agulla e o fío para elaborar estes fermosos motivos mariñeiros.



Nin en Camariñas!

AS EMBARCACIÓNS TRADICIONAIS DE 4º A


                                                                                                                    Feans

Exposición oral sobre o seu traballo de investigación.

Os rapaces e rapazas de 4º A estiveron a investigar sobre as Embarcacións tradicionais galegas. Despois de elaborar o seu traballo fixeron esta exposición oral. Como veredes, son uns auténticos expertos no tema.




Parabéns, chicos!


viernes, 2 de mayo de 2014

ASÍ FOI O NOSO DÍA DO LIBRO



Lecturas compartidas entre aulas.

Este curso, polo Día do Libro, continuamos coa tradición de compartir lecturas. Pero, neste caso, non se tratou de Apadriñamentos lectores individuais, senon de Irmanamentos entre as aulas.

Cada aula preparou un conto empregando diferentes técnicas:

      • Educación Infantil: power - point;
      • 1º curso de Primaria: kamishibai; 
      • 2º curso de Primaria: romance; 
      • 3º curso de Primaria: monicreques;
      • 4º curso de Primaria: teatro de sombras; 
      • Terceiro Ciclo de Primaria: stop motion.
Todos os contos tiñan algo en común: o mar, tema do noso PDI (A lingua sabe a mar). 

Organizamos así irmanamentos "a tres", nos que cada grupo contaba un conto a un grupo e recibía a visita de outro. E, como "é de ben nacidos ser agradecidos", os contadores recibiron un agasallo (un marcapáxinas) dos escoitadores. 

Aquí tendes algunhas imaxes do día. 


E aquí están os seus traballos: 


Os nenos e nenas de Educación Infantil contaron ós de 1º, 2º e 3º de Primaria o conto titulado A vella quenlla.





Os de 1º A contaron O pescador e a súa muller ós de 4º A de Primaria: 




Os de 1º B contaron A historia do Rainbow Warrior ós de 4º B: 




Os de 2º A contaron Cormarín ós de 5º A: 




Os de 2º B cantaron e recitaron ós de 5º B un Romance sobre o mar:



Os de interpretaron para os de 6º unha obra de monicreques que titulamos A tropa do Frian:




Os de 4º A contaron ós de 3 anos A O escritor e as estrelas de mar




Os de 4º B contaron O barco da princesa para os de 3 anos B: 




Os de 5º A contaron o seu conto na Biblioteca ós de 4 anos A: 



Os de 5º B crearon Perdido? coa técnica de Stop Motion para os de 4 anos B:



Os de 6º A compartiron O galo, o pato e as sereas cos de 5 anos A:




Por último, os de 6º B crearon Nadarín, e o compartiron cos de 5 anos B: 



Como colofón desta xornada de irmanamento, e deste Día do Libro, fixemos entrega dos premios ó Concurso de Recitado convocado para o Día da Poesía. Podedes consultar todo neste enlace.

Felices lecturas compartidas!

ENTREGA DOS PREMIOS DE RECITADO



Durante a celebración do Día do Libro.

O pasado 21 de marzo celebramos o Día da Poesía. Con ese motivo convocaramos un Concurso de Recitado.

Despois de valorar ós candidatos, o Equipo de Biblioteca decidíu outorgar os premios. Os criterios seguidos foron:
      • un premio por ciclo; 
      • a participación (individual, grupo colectivo);
      • a expresividade no recitado.
Así, resultaron premiados:
      • Categoría individual: 
          • Sheila Núñez (4º B)
          • Felipe Roldán (6º B)
      • Categoría en grupo: 
          • 2º A de Primaria
          • 4º A de Primaria
          • 6º B de Primaria
E... que mellor data para facer entrega dos premios que o Día do Libro...?

As profes Montse, Luz e Elisa (membros do Equipo de Biblioteca) foron as encargadas de entregar os premios. 

Aquí deixámosvos as fotos deste día tan emocionante. 



Parabéns, chicos...! E a seguir participando!

jueves, 1 de mayo de 2014

O MAR DE 2º A




Se entrades na aula de 2º A, o mar está moi presente. 

Ata nos pequenos detalles. Fixarvos que manualidades tan fantásticas: unha colección de polbos elaborados con plastilina e uns pisapapeis decorados con peixes para agasallar os pais.





Isto si que é entusiasmo!