Os alumnos de 5º curso de Primaria teñen traballado algunhas lendas e historias relacionadas con aquelarres e bruxerías.
O tema da bruxería foi un dos favoritos do gran pintor Francisco de Goya.
Sitúate na acción: unha bruxa téñeche dado a beber unha apócema. Maréaste e, sen saber como, apareces no medio dun dos cadros que te propomos. Describe como chegas ata alí, o que ves e a sensación de medo que che provoca.
Documéntate coas fichas da Red Digital de Colecciones de Museos de España
Escribe a túa historia: párate a lela varias veces. Sé crítico con ela e mellóraa.
Atrévete a compartila: cando a teñas revisada, compártea con todos nós. A túa historia ten premio!


.jpg)

No hay comentarios:
Publicar un comentario