Por varios motivos, este Encontro se perfila como un asunto de grande interese:
- por tratarse do primeiro que, na nosa Comunidade Autónoma, aborda o tema da lectura en familia;
- por integrar o traballo e as vontades de numerosos colectivos: centros de Primaria, Secundaria, Asociacións de A.N.P.A.S., librerías, institucións...
- por presentar un programa sumamente atractivo, tanto no que se refire ás actividades propostas como ós ponentes que van participar.
Mágoa non poder asistir. Pero... se alguén de vós está interesado, aquí tendes o programa.
E aquí poderedes acceder ó blog do Encontro, con toda a información precisa para participar.
Animádevos a facelo!

No hay comentarios:
Publicar un comentario