GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

martes, 28 de febrero de 2012

INVESTIGANDO SOBRE A CERDEIRA



Este curso, en 6º de Primaria, estamos a investigar sobre unha árbore moi coñecida por todos nós, porque a temos no noso colexio: a cerdeira.

A primeira tarefa de Educación Documental consistiu en investigar por grupos sobre ela dende o punto de vista botánico, establecendo as diferencias que pode ter en cada estación do ano. Hoxe presentámosvos o resultado do traballo dos alumnos e alumnas de 6ºB.








domingo, 26 de febrero de 2012

NOVA ANDAINA: DE VILABOA A ARCADE


No día de hoxe, un numeroso grupo de pais e alumnos participaron nesta nova andaina organizada de xeito tan exitoso pola A.N.P.A. do noso cole.

O punto de encontro foi o colexio. Dende aí, en coches particulares, trasladámonos a Vilaboa, dende onde iniciamos unha andaina pola Ruta da Croa e as Salinas de Ulló.

Este magnífico paseo levounos a descubrir fantásticos lugares no máis profundo da nosa Ría.

Se cabe, o comezo resultou estupendo: a marea baixa sacou a flote para nós fantásticos esqueletes de barcas incrustadas no lodo. Bordeando sempre a Ría pola beira de Vilaboa chegamos á Granxa das Salinas, unhas ruinas fermosísimas que nos lembran un esplendor pasado e que, na actualidade, constitúen un lugar cheo de maxia e misterio.

Chegando ó fondo da Ría, coñecimos as Salinas de Ulló, unha paisaxe cunha vexetación e unha fauna espectaculares. E logo, subindo cara a Arcade, disfrutamos de fantásticas vistas da Ría: as dúas pequenas illas xemelgas fronte a Arcade, San Simón, a Ponte de Rande, o Monte do Viso...

Deixamos a todos preparando o xantar na Canteira do Alto das Lapas, que, como o seu nome indica, é unha antiga canteira reconvertida en área recreativa. Nós regresamos ó punto de saída cruzando o dique das salinas, no que existe un dos poucos exemplares de muíños de marea de Galicia.

Para que comprobedes que non vos mentimos, aquí tendes estas fotos:



Unha vez máis, grazas á ANPA por nos propór esta magnífica saída, e, sobre todo, ás familias de Manuel e Noli, por organizala con tanta meticulosidade e entusiasmo.

sábado, 25 de febrero de 2012

O PRIMEIRO TRABALLO DA PALMEIRA


Sabedes que os alumnos e alumnas do 1º ciclo estamos a investigar sobre a Palmeira?

O primeiro que fixemos foi averiguar o seu nome científico e facer un cartel identificativo por aulas para presentala.

Así, 1ºA e B amosámosvos o noso traballo.






E tamén os de 2ºA e B.





viernes, 24 de febrero de 2012

O QUE INVESTIGAMOS SOBRE A CEIBA

Este curso, en 5º de Primaria, estamos a investigar sobre unha árbore moi descoñecida: a ceiba.

A primeira tarefa de Educación Documental consistiu en investigar sobre ela dende o punto de vista botánico con algunhas curiosidades interesantes. Hoxe vos presentamos o resultado dos alumnos e alumnas de 5ºB.


DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA NAI


Click to play this Smilebox greeting

Hoxe, durante o a nosa Hora de Ler, todos os alumnos e alumnas do noso centro, estivemos lembrando unha grande figura da nosa lingua e literatura galegas: Rosalía de Castro.



Fixemos lectura dalgúns poemas e cantamos algúns outros que, no seu momento foron musicados por Carlos Nuñez, Amancio Prada e Roi Casal. Por suposto, tamén traballamos no LIM realizado polo CEIP Alexandre Bóveda.



Click to play this Smilebox scrapbook

jueves, 23 de febrero de 2012

COMEZA A INVESTIGACIÓN EN INFANTIL




Durante esta semana, Frianciño Jones enviounos a Infantil unha nova tarefa para seguir coa investigación da nosa árbore máxica: O Drago. Foi moi divertido !!!

Tivemos que descifrar unha mensaxe secreta para saber como se chama o volcán que está nas Illas Canarias, onde vivía o Dragón Landón.

Enlace



Agora xa sabemos o nome do Volcán: O TEIDE.





miércoles, 22 de febrero de 2012

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO



A AELG está promovendo unha serie de actos organizados por concellos e asociacións culturais para celebrar o Día de Rosalía de Castro o vindeiro 24 de Febreiro, no que se conmemora o 175 aniversario do nacemento da nosa autora.


Porque unha imaxe vale máis que mil palabras, porque a literatura e a música son creacións artísticas que se complementan, celebremos o Día da Lingua Materna e o Día de Rosalía cunha pequena selección de vídeos e música.



Alborada. Rosalía de Castro

I
Vaite, noi-
te,—vai fuxin-
do.—Vente auro-
ra,—vente abrin-
do,—co teu ros-
tro,—que, sorrin-
do,—¡¡¡a sombra espanta!!!

¡Canta,
paxariño, can-
ta—de ponliña en pon-
la,—que o sol se levan-
ta—polo monte ver-
de,—polo verde mon-
te,—alegrando as her-
bas,—alegrando as fon-
tes!...

¡Canta, paxariño alegre,
canta!
¡Canta porque o millo medre,
canta!
Canta porque a luz te escoite,
canta!
Canta que fuxeu a noite.

Noite escura
logo ven
e moito dura
co seu manto
de tristura.
Con meigallos
e temores,
agoreira
de dolores,
agarimo
de pesares,
cubridora
en todo mal.
¡Sal...!

Que a auroriña
o ceu colora
cuns arbores
que namora,
cun sembrante
de ouro e prata
teñidiño
de escalrata.
Cuns vestidos
de diamante
que lle borda
o sol amante
antre as ondas
de cristal.

¡Sal...!
señora en todo mal,
que o sol
xa brila
nas cunchiñas do areal;
que a luz
do día
viste a terra de alegría;
que o sol
derrete con amor a escarcha fría

Rosalía de Castro (1980), Poesía en galego completa (Vigo: Edición Xerais de Galicia)




Adiós, ríos; adiós, fontes. Rosalía de Castro

Adiós, ríos; adiós, fontes;
adiós, regatos pequenos;
adiós, vista dos meus ollos:
non sei cando nos veremos.

Miña terra, miña terra,
terra donde me eu criei,
hortiña que quero tanto,
figueiriñas que prantei,

prados, ríos, arboredas,
pinares que move o vento,
paxariños piadores,
casiña do meu contento,

muíño dos castañares,
noites craras de luar,
campaniñas trimbadoras
da igrexiña do lugar,

amoriñas das silveiras
que eu lle daba ó meu amor,
caminiños antre o millo,
¡adiós, para sempre adiós!

¡Adiós groria! ¡Adiós contento,
¡Deixo a casa onde nacín,
deixo a aldea que conoso
por un mundo que non vin!

Deixo amigos por extraños,
deixo a veiga polo mar,
deixo, en fin, canto ben quero...
¡quen pudera no o deixar...!

...............................

Mais son probe e, ¡mal pecado!,
a miña terra n'é miña,
que hastra lle dan de prestado
a beira por que camiña
ó que naceu desdichado.

Téñovos, pois, que deixar,
hortiña que tanto amei,
fogueiriña do meu lar,
arboriños que prantei,
fontiña do cabañar.

Adiós, adiós, que me vou,
herbiñas do camposanto,
donde meu pai se enterrou,
herbiñas que biquei tanto,
terriña que nos criou.

Adiós Virxe da Asunción,
branca com'un serafín:
lévovos no corasón;
pedídelle a Dios por min,
miña Virxe da Asunción.

Xa se oien lonxe, moi lonxe,
as campanas do Pomar;
para min, ¡ai!, coitadiño,
nunca máis han de tocar.

Xa se oien lonxe, máis lonxe...
Cada balada é un dolor;
voume soio, sin arrimo...
Miña terra, ¡adiós!, ¡adiós!

¡Adiós tamén, queridiña...!
¡Adiós por sempre quizais...!
Dígoche este adiós chorando
desde a beiriña do mar.

Non me olvides, queridiña,
si morro de soidás
tantas légoas mar adentro...
¡Miña casiña!, ¡meu lar!
Rosalía de Castro (1996). Cantares Gallegos. (Vigo: A Nosa Terra)
Maio longo... maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algús telas de morte;
para outros telas de vodas.
Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.

Rosalía de Castro (1993), Follas Novas (Vigo: Galaxia)


Meniña, ti a máis fermosa. Rosalía de Castro

—Meniña, ti a máis fermosa
que a luz do sol alumbrara;
ti a estrela da mañanciña
que en puras tintas se baña;
ti a frol das froridas cumbres,
ti a ninfa das frescas augas,
ti como folla do lirio
branca, pura e contristada
¿Quen eres, fada sin nome
de tan dormentes miradas,
de tan dorida sonrisa
de feituriña tan cándida?
¿Quisais de muller naceches
sendo tan limpia e tan casta?
¿Quisais das brisas da tarde,
quisais das brétemas vagas
das burbulliñas dun río,
quisais dunha nube branca?
¿Ou as espumas do mare
a un raio de sol xuntadas
pousáronte ó ser de aurora
nunha cunchiña de nacra?
Mais, de onde queira que sexas,
tristísima pasionaria,
por ti sinto un amor puro
que pouco a pouco me mata.
Por ti, de noite e de día,
cal vaga sombra encantada,
preto do teu vivir ximo,
ximo cos ventos que pasan
facendo vibrar sonoras
sentidas cordas dun harpa,
que con ecos tembradores
dos meus amores che falan.
Mais dime: ¿por que estás muda,
di por que estás solitaria,
di por que vives nos montes
cos paxariños que cantan,
mentras ti choras e choras
ó pé dun olmo sentada,
toda de loito cuberta,
toda cuberta de lágrimas.

Rosalía de Castro (1996). Cantares Gallegos (Vigo: A Nosa Terra)

Despois de ter escoitado estes fermosos poemas, deixámosvos con este LIM elaborado polo Equipo da Biblioteca Caracola Tola do CEIP Alexandre Bóveda.



lunes, 20 de febrero de 2012

COLABORACIÓN DOS ALUMNOS E ALUMNAS NO PRÉSTAMO DE CÓMICS



Como sabedes, este ano traballamos na nosa formación de usuarios a comprensión e expresión lectora da banda deseñada e para poder facer unha exposición do máis variada, solicitamos a colaboración dos nosos alumnos e alumnas.



Como podedes ver, foron moitos os que trouxeron o seu material en empréstito non só para expor, senon tamén para a lectura e traballo das nosas sesións de biblioteca.

viernes, 17 de febrero de 2012

DESFILE DO ENTROIDO


Como xa sabedes de anos anteriores, toda a Comunidade Educativa disfrazouse segundo o tema do noso Proxecto Documental Integrado: O Planeta Bosque.

Non faltaron os Castiñeiros, as Cerdeiras, as Granadas, os representantes dos países doutras árbores coma os quitapenas de Guatemala e as súas Ceibas, os Nixerianos coas súas Palmeiras, os Dragóns e o seu Drago e algún que outro representante da China en relación co Ciprés...

Hai que facer mención do traballo minucioso de cartelaría, onde todas as aulas anunciaban ao comenzo do desfile a súa árbore, chegando a amosar na praza do Centro Comercial Carrefour unha colorida representación do CEIP Frian-Teis.




Para saber máis e ver as fotos, accede dende aquí  á nova publicada na web do Colexio.

jueves, 16 de febrero de 2012

TALLER DE ANTIFACES


Os alumnos e alumnas de 6ºB fixemos este ano durante a semana do Entroido uns antefaces relacionados cas cerdeiras, xa que é a árbore na que estamos a traballar no Proxecto Documental O planeta bosque.

Identificámoslos poñéndolles unha frase adecuada para cada anteface.


CONTOS E MÁSCARAS


Este mércores, a Biblioteca estivo abarrotada, porque Isa veunos contar a historia de Billy e despois tiñamos un obradoiro de máscaras.

Ela e as nais acompañantes tiveron un montón de "clientes" e a biblioteca acabou poboada de toda clase de gatiños.



martes, 14 de febrero de 2012

UN NOVO ENTROIDO !!


Xa chega o Entroido e imos recordar a canción O verde mola!, con música de Shakira e letra da nosa compañeira Mónica.

Porque, como sabedes, o noso Proxecto Documental sigue un ano máis adicado ó Planeta Bosque, e que mellor que este tema para desfilar e amenizar a nosa festa.


Para vivir neste mundo
a Natureza hai que coidaren con moito tino.
Non queimes bosques, non lixes ríos.
A Natureza hai que coidaren os pais e os fillos.

O ceo está negro.
O mundo, así, é feo.
Acabamos coas selvas, acabamos cos bosques.
Rompamos xa esta roda!
O verde mola!


Rompamos esta roda!
Tuki, tuki, eh, eh!
Unámonos a esta ola!
O verde mola!

Ánimo, irmáns! Xa somos moitos!
A Natureza non hai que estragar. Estade ó loro!
Hai que espertar. É o momento!
A Natureza hai que coidar, grandes e pequenos.


O ceo está negro.
O mundo, así, é feo.
Acabamos coas selvas, acabamos cos bosques.
Rompamos xa esta roda!
O verde mola!

Rompamos esta roda!
Tuki, tuki, eh, eh!
Unámonos a esta ola!
O verde mola!


viernes, 10 de febrero de 2012

A CERDEIRA EN SEXTO


Comezamos o noso Proxecto Documental deste curso, O Planeta Bosque, e por invitación de Frianciño Jones, en sexto de Primaria, seredes os investigadores dunha fermosa historia que trata sobre a Cerdeira.

Agora tócavos investigar e facer lectura desta presentación para facilitarlle o traballo á nosa mascota.

A CEIBA EN QUINTO


Comezamos o noso Proxecto Documental deste curso, O Planeta Bosque, e por invitación de Frianciño Jones, en quinto de Primaria, seredes os investigadores dunha fermosa historia que trata sobre a Ceiba.

Agora tócavos investigar e facer lectura desta presentación para facilitarlle o traballo a nosa mascota.

O GRANADO PARA CUARTO



Comezamos o noso Proxecto Documental deste curso, O Planeta Bosque, e por invitación de Frianciño Jones, en cuarto de Primaria, seredes os investigadores dunha fermosa historia que trata sobre o Granado.

Agora tócavos investigar e facer lectura desta presentación para facilitarlle o traballo á nosa mascota.

O CASTIÑEIRO EN TERCEIRO


Comezamos o noso Proxecto Documental deste curso, O Planeta Bosque, e por invitación de Frianciño Jones, en terceiro de Primaria, seredes os investigadores dunha fermosa historia que trata sobre o Castiñeiro.

Agora tócavos investigar e facer lectura desta presentación para facilitarlle o traballo á nosa mascota.

A PALMEIRA NO PRIMEIRO CICLO


Comezamos o noso Proxecto Documental deste curso, O Planeta Bosque, e por invitación de Frianciño Jones, neste primeiro ciclo, seredes os investigadores dunha fermosa historia que trata sobre a Palmeira.

Agora tócavos investigar e facer lectura desta presentación para facilitarlle o traballo á nosa mascota.

NOVO NOTICIEIRO ECOLÓXICO



Durante estes días os alumnos e alumnas de 4ºB foron recopilando información e novas sobre a enerxía, os parques eólicos, as brigadas de limpeza dos nosos ríos e crearon dous murais moi interesantes.

Grazas por amosarnos tanta información !

UN VENRES DE CONTO COA LÚA, EN PRIMEIRO A



Os nenos e nenas de 1ºA fannos unha presentación dun dos contos que máis lle gustou na semana da Paz: A que sabe a lúa? de Michael Greiniec editado por Kalandraka.

Os rapaces e rapazas realizaron un panel co título do libro e a medida que van narrando a historia, van aparecendo os animais.



jueves, 9 de febrero de 2012

TARDE DE HOSPITAL DE LIBROS



A idea desta tarde era visualizar un vídeo que xa coñecedes: The Fantastic Flying Books by Mr. Morris Lessmore e suliñar o amor polos libros. Homenaxar dalgún xeito a todas esas persoas que teñen dado a vida por eles e que, ó fin e á postre, teñen recibido unha grande satisfacción grazas a eles.


Posteriormente o que fixemos foi coidalos e mellorar o seu aspecto, chegando a "operalos e telos durante un tempo na UCI".

Grazas por esta fermosa tarde!!!

martes, 7 de febrero de 2012

SORPRESA NA BIBLIOTECA !!!


Hoxe cando chegamos os nenos e nenas de Infantil á biblioteca, atopamos unha maleta. Quen podería deixar unha maleta olvidada alí ?

Arriesgámonos e abrímola. Había unha carta. Lémola e... era de Frianciño Jones! Nela propoñía, igual que ó resto dos rapaces e rapazas do cole, unha aventura moi emocionante... Investigar distintas árbores do mundo. Apuntámonos de seguido a participar, non era para menos !

Tamén estivemos curioseando dentro da maleta e atopamos algunhas cousas de viaxe do noso novo amigo Frianciño Jones. Tiña un neceser de aseo persoal, un atlas do mundo e o seu látego para defenderse dos perigos que pasa nas súas aventuras.




Grazas Frianciño por convidarnos á túa aventura...!!!

viernes, 3 de febrero de 2012

VISITA DE FRIANCIÑO JONES


Aquí tedes ao noso Frianciño, a mascota da nosa Biblioteca, disfrazado de Indiana Jones. Despois de ler varios libros na Biblioteca da Universidade de Barnett, en “New York”, descubriu que existen unha morea de árbores máxicas arredor do mundo.

Anotou unha variedade de historias destas árbores no seu Caderno de Viaxes e invítanos a colaborar con el e participar das súas viaxes como axudantes das súas investigacións.



Así que preparádevos todo o colexio de Frian porque aí vai a lista de axudantes e o nome da árbore da que ides investigar:

  • Educación Infantil: investigaredes sobre unha árbore moi estraña chamada Drago.

  • No Primeiro Ciclo de Primaria seredes os investigadores da Palmeira.

  • En teredes que descubrir moito máis do que sabedes sobre o Castiñeiro.

  • En a investigación será sobre o Granado.

  • Ós de tócavos averiguar a vida da Ceiba.

  • E, por último en traballaredes coa Cerdeira.


Se pinchades na fotografía da vosa árbore, accederedes á vosa historia. So tedes que empazar por eso, ler as historias e nuns días recibiredes novas de Frainciño Jon
Moitas grazas Frianciño Jones pola túa invitación!!!




AS NAIS E PAIS INAUGURAN O NOSO PROXECTO "O PLANETA BOSQUE"


Como xa veñen facendo dende hai uns anos, para centrar o noso Proxecto Documental Integrado, algúns pais e nais prestáronse a nos representar unha obra axeitada ó mesmo.

Neste caso, tratouse de Historia dun ciprés, unha fermosa historia extraída do libro El bosque de los cuentos, publicado por Oxfam.

O voso traballo, papás e mamás, cada día é maior. E seguides progresando. Pero o que máis nos asombra é a vosa infinita xenerosidade: moitas tardes de ensaio, e, incluso, ter que pedir o día no traballo para estar connosco.


Tamén dámoslle as grazas ás alumnas de 6º A e B que prepararon a súa obra, inspirada no libro de Rudyard Kipling, El hijo del elefante. Grazas a María polo seu traballo, esforzo, ilusión...

XABIER DOCAMPO E OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 5ºB



Como xa sabedes, os alumnos e alumnas de 5ºB  realizaron unha representación-mimo sobre este libro que traballamos na semana do álbum ilustrado deste mes de Xaneiro. E, por casualidades desta vida, o seu autor, Xabier Docampo, mandou unha mensaxe ao ver o vídeo.


"Moi bonito. Non sabes con que orgullo recibimos os dous creadores deste álbum (porque o ilustrador tivo moito que ver na creación) o voso traballo. Agora é noso e máis voso. Dálles aos rapaces e rapazas os meus máis cariñosos saúdos."

Agora deixámosvos de novo o vídeo para que disfrutedes del e GRAZAS ós artistas: tanto ó escritor, o ilustrador, e, por suposto, ós actores e actrices de 5ºB.



UN INVENTO ECOLÓXICO PARA MELLORAR O MUNDO

Aproveitando que neste ano 2012 estamos a traballar o aforro enerxético, os alumnos e alumnas de 6ºB atopamos unha nova moi ecolóxica e a continuación amosámosvos o noso traballo.




UN VENRES DE VIVA VOZ MOI ECOLÓXICO

Esta vez, os alumnos e alumnas de 3ºA explícannos as 10 razóns polas que hai que sementar árbores, e fan un recitado de poemas de Antón García Teixeiro sobre os bicos.


jueves, 2 de febrero de 2012

UNHA TARDE DE CONTO E MANUALIDADES


Unha tarde máis, unha nai e un pai moi colaboradores, Loli e Carlos, transportáronnos a outros mundos e, posteriormente, aprendéronnos como facer unha mazá co seu vermiño.


Aquí tendes a reportaxe fotográfica desta tarde de diversión.



Grazas pola vosa participación !!!


miércoles, 1 de febrero de 2012

Á ATENCIÓN DE PAPI E MAMI



Porque sodes pais e nais responsables, e porque sabedes da importancia que ten a lectura, cómpre que perdades media hora en escoitar esta conferencia.

Foi pronunciada por Juan Mata (Doutor en Didáctica da Lingua e da Literatura e profesor na Universidade de Granada) no Congreso Familias Lectoras, celebrado en Granada o 20 e 21 de xaneiro.

Ademais de ofrecernos unha charla realmente relaxada, déixanos estas evidencias:


  • O éxito (ou o fracaso) escolar está relacionado coa adquisición da linguaxe no momento oportuno;
  • Polo tanto, é preciso crear os estímulos suficientes para que esa adquisición da linguaxe se produza. Esta destreza adquírese na familia: as familias teñen que falar entre elas e falar ós nenos. 
  • Tamén a linguaxe dos libros se adquire na familia. Unha familia que le ós seus fillos apréndelles a pensar poéticamente a vida. A familia, pois, non ten só que propocionar as palabras: ten que dar outros modos de mirar. 
  • Ler é regalar palabras. Pero ler tamén é dar a palabra: temos que dar a oportunidade ós fillos de falar das nosas lecturas. 

Disfrutade escoitándoo. 

.

Para ver outros vídeos do Congreso podedes premer aquí