Este martes 13 e o mércores 14, no recreo, fomos convocados na primeira xuntanza os clubes de lectura Locos por los libros e Libros & Company para comentar o libro Relatos para un tempo novo.
Este pequeno libro contén tres historias independentes, creadas por tres escritores moi importantes da nosa literatura: Xoán Babarro, Mª Victoria Moreno e Agustín Fernández Paz. Os textos fixéronnos afondar en tres temas principais: O Misterio, o Racismo e o Amor.
Pero tamén temos que mencionar que Unha pedra na area nos deixou unha forte pegada: a través do diario de Alba descubrimos que a aparición dun meteorito na praia lle vai axudar a superar a indecisión de poder saír co seu amigo Xabier.
Aquí tendes unha reportaxe fotográfica sobre as nosas xuntanzas:
Grazas a todos e todas pola vosa colaboración, e á profe Luz polo seu traballo!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario