Xa casi un mes despois de se celebrar en Santiago o Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, voltamos retomar o tema.
Porque os materiais do Congreso xa están publicados, e é bo difundilos e dalos e coñecer. Atoparédelos neste enlace.
E porque me gustaría que tamén experimentárades a emoción que creo que sentimos todos e todas as presentes cando escoitamos o discurso inaugural do Ministro de Educación, Ángel Gabilondo. Porque, independentemente da nosa cor política, o que é innegable é que se trata dun home mesurado, e ponderado. Deixounos mensaxes tan fermosos como:
- Aínda que pareza mentira, hai moitas cousas que podemos facer xuntos (...) porque precisamos uns dos outros.
- Biblioteca Escolar é sinónimo de afecto, sentido, forza, verdade.
- Un non deixa de aprender a ler toda a vida.
- O que non se evalúa, devalúase.
- Ler é vivir (Flaubert).
Espero que disfrutedes e aprendades moito (aínda que non sexa en vivo e en directo).

No hay comentarios:
Publicar un comentario