GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

sábado, 24 de diciembre de 2011

UNHA APERTA POLO NADAL

                                                                                       Page URL:
Image URL:


Na Noiteboa a nosa imaxinación lévanos a unha cea familiar ó carón do lume. 

Pero, en realidade, non hai nada máis gratificante, cálido e confortable que unha aperta de oso, dada co corazón. 

Grazas a Gema Cilleiros, do CPI Pontecarreira, por compartir connosco estas apertas virtuais. 




Feliz e agarimoso Nadal!


UNHA ÁRBORE DE NADAL CON SORPRESA


                                                                                                    Page URL:
Image URL:

Despois de ter traballado as Tradicións Navideñas, paga a pena rir un pouco.

O Pequeno Libro de Notas desta semana agasállanos con este divertido vídeo titulado A árbore de Nadal de Pluto. Porque... ás veces, ás árbores veñen con sorpresa.

viernes, 23 de diciembre de 2011

FIN DE TRIMESTRE MOI VARIADO

E xa para rematar o primeiro trimestre, hoxe día 21 de decembro, no Mércores de conto, tivemos seis contacontos de luxo.

Iván de 5 anos , contóunos Federico; Lucas de 9 anos atrévese con Pulga Xigante; Silvia de 9 anos contounos o Nariz de Ouro; Masha de 6 anos lanzouse en Língua Inglesa con Spot's First Walk; Adrián, tamén de 6 anos repetiu con Pétala e Aroa de 6 anos rematou con La sorpresa de Nandi .

Todos e todas estiveron encantados e encantadas de aportar o seu gran de area a nosa biblioteca.





Grazas a todos e todas!!!

martes, 20 de diciembre de 2011

TRADICIÓNS NAVIDEÑAS NO MUNDO


Despois de traballar durante o Primeiro Trimestre o cómic, agora vos presentamos a nosa reportaxe sobre as Tradicións Navideñas no Mundo.

Como os traballos están feitos por niveis ou ciclos, amosámosvos este poster con todos.


sábado, 17 de diciembre de 2011

viernes, 16 de diciembre de 2011

TEATRO PARA ESTE VENRES DE VIVA VOZ

Os nenos e as nenas de 4ºB no Venres de Viva Voz, fixemos unha pequena representación da obra El pajarillo herido.

Trata dun paxaro ferido que vai pedindo acubillo as distintas árbores do bosque para poder pasar o inverno. Só o abeto lle ofrece fogar e é por iso polo que o abeto non perde as súas follas.



Grazas por este traballo!!!

CONTRA O FUME NO NOTICIEIRO ECOLÓXICO


Os nenos e as nenas de 1ºA traballamos o cambio climático.

As fábricas botan moitos fumes e contaminan moitísimo. Por iso fixemos uns carteis nos que expresamos que non queremos fumes, nin contaminación. 

Gústanos moito a natureza e temos que coidala para que o noso planeta Terra, estea limpo e san.


jueves, 15 de diciembre de 2011

TARDE DE CONTO E DE PAPIROFLEXIA


Esta nova convocatoria de Mércores de Conto xuntounos a moitos, de tal xeito que non poidemos estar na nosa Biblioteca, porque o espazo era insuficiente.

Grazas a Portal Rodríguez, a nosa mestra de pintura de Actividades Extraescolares, que nos convocou para traballar nun obradoiro de papiroflexia. Aprendeunos a facer moitas actividades con papel, e pasamos unha tarde moi pero que moi divertida.



E para rematar fainos un gran agasallo!!!

miércoles, 14 de diciembre de 2011

XUNTANZA CLUBES LECTURA

   

Este martes 13 e o mércores 14, no recreo, fomos convocados na primeira xuntanza os clubes de lectura Locos por los libros e Libros & Company para comentar o libro Relatos para un tempo novo.

Este pequeno libro contén tres historias independentes, creadas por tres escritores moi importantes da nosa literatura:  Xoán Babarro, Mª Victoria Moreno e Agustín Fernández Paz. Os textos fixéronnos afondar en tres temas principais: O Misterio, o Racismo e o Amor.

Queredes saber cal foi o que máis nos gustou? Pois Pan con chocolate, onde Eva escribe a Adonay, un rapaz xitano, compañeiro de escola e o seu primeiro amor, unha preciosa e conmovedora carta. El é un dos desaparecidos polo temporal que levou por diante a cidade e o poboado xitano...

Pero tamén temos que mencionar que Unha pedra na area nos deixou unha forte pegada: a través do diario de Alba descubrimos que a aparición dun meteorito na praia lle vai axudar a superar a indecisión de poder saír co seu amigo Xabier.


Aquí tendes unha reportaxe fotográfica sobre as nosas xuntanzas:


Grazas a todos e todas pola vosa colaboración, e á profe Luz polo seu traballo!!! 


martes, 13 de diciembre de 2011

CEN ANOS DE ÁLVARO CUNQUEIRO


No ano 2011 que estamos a piques de rematar celebramos o Centenario do nacemento de Álvaro Cunqueiro. 

Aínda que nado en Mondoñedo, a nosa cidade (Vigo) tivo unha grande significatividade na súa vida. E Don Álvaro é tamén, para os vigueses, un sinal de identidade, igual que o Celta, o Cristo da Victoria ou o Faro de Vigo, xornal no que desenvolveu a súa tarefa periodística. Aínda sen telo coñecido, o seu espírito campa polas nosas rúas, e o seu nome evoca relatos fantásticos, parrafadas cos amigos na Taberna de Elixio ou o sabor dun bo prato da terra.

Achegámosvos estas presentacións que ten realizado Elvira Roiz, do IES Concepción Arenal, e que a súa compañeira Ana Vizoso nos deu a coñecer a través do PLAMBE.

Grazas a ambas as dúas por achegarnos dun xeito tan sinxelo e claro a esta figura clave na nosa literatura. 



Podedes aprender co resto das presentacións neste enlace. 

sábado, 10 de diciembre de 2011

A VOLTAS CO BET


Xa casi un mes despois de se celebrar en Santiago o Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, voltamos retomar o tema. 

Porque os materiais do Congreso xa están publicados, e é bo difundilos e dalos e coñecer. Atoparédelos neste enlace

E porque me gustaría que tamén experimentárades a emoción que creo que sentimos todos e todas as presentes cando escoitamos o discurso inaugural do Ministro de Educación, Ángel Gabilondo. Porque, independentemente da nosa cor política, o que é innegable é que se trata dun home mesurado, e ponderado. Deixounos mensaxes tan fermosos como:

  • Aínda que pareza mentira, hai moitas cousas que podemos facer xuntos (...) porque precisamos uns dos outros. 
  • Biblioteca Escolar é sinónimo de afecto, sentido, forza, verdade. 
  • Un non deixa de aprender a ler toda a vida. 
  • O que non se evalúa, devalúase. 
  • Ler é vivir (Flaubert).




Espero que disfrutedes e aprendades moito (aínda que non sexa en vivo e en directo).



IDEAS PARA UNHA EDUCACIÓN DO SÉCULO XXI


Este é o título dun post que veño de atopar no blog do meu amigo Fran Iglesias

Coma sempre, elaborado con grande meticulosidade e con argumentos sólidos. Sen desperdicio. Para apoiarnos na idea de traballar con proxectos documentais integrados, de xeito globalizado, e empregando soportes variados.

Atoparedes o seu blog nesta dirección:


e ese artigo que tanto me gustou, neste enlace.

Espero que vos guste tanto como me gustou a min. 



10 de decembro: DÍA DOS DEREITOS HUMANS

   

Facemos hoxe pública esta entrada conxunta dos blogues das Bibliotecas Escolares de Galicia. Unha entrada que fala dunha fermosa iniciativa: o Bubisher, ou... como podemos colaborar todos e todas para difundir a lectura entre os campamentos de refuxiados saharauis...?


63 anos despois da súa proclamación, segue sendo necesario lembrar esta data, 10 de decembro, na que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas aprobou a Declaración dos Dereitos Humanos.

Necesario porque nin tan sequera nos países que asinaron esta declaración están garantidos estes dereitos en igualdade de condicións para toda a poboación. Non hai máis que botar unha ollada ao noso arredor, asomarse ás noticias.

Mais aínda así cabe pensar que un outro mundo é posible, que hai arrecendos espallados no ar que nos permiten prender unha candea pola esperanza, por estas xeracións, hoxe nen@s, adolescentes, que medran nas nosas aulas, ao abeiro das nosas Bibliotecas -das súas lecturas, da súa información, da súa formación- nen@s e adolescentes que se implican ilusionad@s e con empeño en proxectos coma "Coñecernos para querernos", nun intercambio persoal e de coñecementos con nen@s dos campamentos saharahuis, para quenes a apertura dunha biblioteca con (o Bubisher) ou sen (O Niño do Bubi) rodas, supón moito máis que un mundo de oportunidades. Para acceder á ilusión, aos soños, á formación, ao coñecemento doutras culturas, doutro idioma.

E con esa candea acesa, brincan faíscas que prenden en case un cento de Bibliotecas Escolares Galegas, que por todo o país escollen cada unha un fermoso álbum ilustrado para agasallar a ese recén estreado Niño do Bubi, porque, coma nas nosas propias Bibliotecas, toda inauguración é unha festa. A esa festa que é a lectura, nesas bibliotecas acubilladas na area, queremos enviar estes álbumes como aves portadoras de boa sorte, como bubishers* cheos de cor, imaxes, historias. Porque as nosas bibliotecas, @s nos@s lectores e lectoras, compartimos co Bubisher, cos lectores e lectoras das súas bibliotecas a crenza firme nos Dereitos Humanos, dende o seu 1º artigo: "Tod@s nascemos libres e iguais en dignidade e dereitos"

* O bubisher (Oenanthe leucopyga e Oenanthe leucura) é un paxariño tímido que vive na Península e tamén en África, aquí chamámoslle collalba negra e no Sáhara o seu nome significa paxaro da boa sorte, no dialecto hassaní é Bubchir بوبشير (o da boa nova) porque adoita aniñar e criar despois das choivas, o que quer dicer que medrará a herba, algo moi importante para quen ten gando.

Bubisher é tamén o nome dun autobús-biblioteca que circula entre os campamentos do Sáhara para levar lectura e información. Ou sexa, unha biblio... pero con rodas!!!

Se queredes unirvos á iniciativa de Álbumes para o Bubisher, só tedes que poñer os vosos datos xunto ao resto das Bibes Galegas.

Texto de Maribel Serantes (CEIP Os Casais)


miércoles, 7 de diciembre de 2011

NOVA TARDE DE CONTOS


Hoxe día 7 de Decembro na Biblioteca do cole tivemos un novo contacontos.

Nesta ocasión escoitamos a Roberto, pai da nosa compañeira de 3 anos, Icía . Primeiro contounos o conto Grandes contra pequenos, no que un sapo pícase cunha raposa e decláralle a guerra. Logo, sempre moi atentos, escoitamos O porquiño, que falaba dun porquiño que vivía nunha granxa. Como o disfrutamos!!!

Ó rematar, coloreamos, pintamos e recortamos os personaxes que apareceron nos contos.




Grazas, Roberto, por esta tarde tan animada!!!

TRADICIÓNS NAVIDEÑAS, LENDAS E OS PLANETAS PARA UN NOVO VENRES

Este venres día 2 de decembro, os nenos e as nenas de 6º B participaron un venres máis alzando a súa voz, e formaron tres grupos de traballo.
O primeiro grupo expresa a súa opinión sobre as tradicións navideñas. De xeito moi orixinal, este grupo falounos das tradicións navideñas en Escocia e Brasil. Logo, interpretaron unha canción de Nadal en inglés, titulada: Rudolph the red nose reindeer.




O seguinte grupo investigou sobre as lendas. Fálannos da Lenda do Bosque da Moura e da Lenda da Santa Compaña.




Tamén fan unha interpretación moi interesante da Santa Compaña.




O último grupo interesouse polos Planetas.




Durante a vídeo, explícannos o misteriosos e fascinantes que son os Planetas.





martes, 6 de diciembre de 2011

PERCORRENDO A BIBLIOTECA NACIONAL



Neste mes de decembro, a nosa Biblioteca Nacional cumple 300 anos. 

Foi fundada en 1711 por Felipe V. E, para celebrar esta data tan sinalada, estase a preparar unha exposición que comezará o día 14 de decembro.

Sabedes que se fai na Biblioteca Nacional...? Efectivamente, é o lugar onde se almacenan exemplares de todos os libros e documentos que se publican no noso país. Nela se conservan auténticas alfaias do noso patrimonio literario e cultural. Pero non só iso: ademais, ese patrimonio hai que restauralo, dixitalizalo (para preservalo) e difundilo.

Neste vídeo, os propios traballadores da Biblioteca Nacional nos explican como e en que traballan. Agradecemos a Asun Arufe, do CPI Viaño Pequeno, que nolo dera a coñecer.






sábado, 3 de diciembre de 2011

3 de decembro: DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE


Cando os xordos tamén poden facer música.

O Día Internacional das Persoas con Discapacidade ten como finalidade axudar a entender a discapacidade, promover os dereitos das persoas que a padecen e dar a coñecer os beneficios que se derivarían da integración destas persoas na vida social, política e cultural das súas comunidades.


Esta xornada mundial foi aprobada no ano 1982 pola Asamblea da ONU. O lema deste ano é: Xuntos en pro dun mundo mellor para todos, que comprenda a participación das persoas con discapacidade no desenvolvemento. 


E... que mellor forma de integrar ós xordos que dándolles participación nun concerto...?

Deixamosvos con este video gravado no Auditorio Nacional de Música de Madrid o 13 de xuño de 2010. Un concerto titulado Voces para la Paz 2010, dirixido por Miguel Roa, e no que colaborou o Coro Xestual do Instituto Ponce de León de Madrid. Cantan unha peza ben coñecida por todos: Alma llanera, de Elías Gutiérrez.





Por outra banda, no ITE (Instituto de Tecnoloxías Educativas) atopamos diferentes recursos para tratar o tema da discapacidade que podedes consultar neste enlace.


Disfrutade e integrade.

OS NENOS DE INFANTIL ANÍMANNOS A "REDUCIR O CONSUMO DA LUZ"


Os nenos e nenas de 4 anos B atoparon unha nova moi interesante no xornal: Na rúa Aragón van facer un plan experimental para aproveitar auga da chuvia e dun riachuelo subterráneo e así producir luz.

A partir desta nova estivemos buscando información sobre como axudar á terra para non esgotar os seus recursos, e aprendimos que hai que reducir o consumo de luz. Tamén creamos o noso noticieiro ecolóxico.

Para comprobar todo isto, convertímonos en vixiantes do cole, e todos os días, antes de saír ao patio, temos que apagar as luces. Tamén temos que vixiar na casa o consumo excesivo da corrente, para ir reducíndoo.




Grazas, nenos e nenas de 4 anos, por querer axudar á Terra!!!





viernes, 2 de diciembre de 2011

TRABALLANDO O OLFACTO


O mércores de conto desta semana estivo connosco Montse Vázquez, a nai de Sabela e Silvia. Contou a historia de Garavanciño moi, pero que moi ben contada.

Despois fixo un obradoiro de arrecendos de plantas aromáticas e de máis cousas. Para rematar, xogamos a un bingo de recoñecer plantas e outras substancias polo seu olor. Non foi tan doado. Paréceme que temos unha asignatura pendente: traballar un pouco máis o sentido do olfacto... Só houbo unha gañadora.!!!!!!!!



Montse agasallounos con plantas aromáticas para sementar.

Grazas Montse, foi unha tarde moi divertida.!!!!!!

jueves, 1 de diciembre de 2011

FESTA NAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

A mañá, hoxe, comezou dun xeito inesperado e estupendo...

... Porque, ó abrir o correo electrónico, atopamos unha mensaxe das nosas asesoras de bibliotecas escolares (Cristina e Pilar) comunicándonos a marabillosa nova de que seis das nosas bibliotecas recibiran un Premio Nacional de Boas Prácticas:
  • Modalidade A (EEI, CEIP, CEE e EPA):
    • 1º premio: CEIP  A Lama (Pontevedra)
    • 2º premio: CEIP Condesa de Fenosa - O Barco (Ourense)
    • 3º premio: CRA de Ribadumia (Pontevedra)
    • 3º premio: CEP Xosé María Brea Segade de Taragoña - Rianxo (A Coruña)
  • Modalidade B (IES, FP, Ensinanzas artísticas e Escolas de Idiomas):
    • 3º premio: IES de Celanova (Ourense)
    • 3º premio: IES Alexandre Bóveda de Vigo (Pontevedra)

Como sabemos o moito traballo silencioso que se agacha detrás destes premios, as moitas horas de adicación, as ledicias, e, tamén, ás veces, os sinsabores, só queremos dicirvos... PARABÉNS! ESTAMOS TODOS MOI LEDOS!

E, de xeito moi especial, queremos felicitar a Beni (o noso veciño do IES Alexandre Bóveda) e a Rafa e Cristina, do CEIP A Lama, que, hai un par de anos, estiveron visitando a nosa Biblioteca.

E, para rematar, presentámosvos a Leo, a mascota da biblioteca escolar do CEIP A Lama. Se premedes nel, poderedes gozar do seu blogue e comprobar que, ese primeiro premio, é máis que merecido. 


miércoles, 30 de noviembre de 2011

ESTA FIN DE SEMANA, TODOS A CULTURGAL



A cita anual do Culturgal será esta fin de semana no Pazo da Cultura de Pontevedra.

E que é o Culturgal? A feira da cultura galega. Con propostas para todos e todas (música, libros, creación audiovisual, artes escénicas, deseño, internet, novas tecnoloxías...). E cun fantástico programa para toda a familia.

Un bonito xeito de disfrutar do noso ocio familiar. Animádesvos...?


MARCO DE REFERENCIA PARA AS BIBLIOTECAS ESCOLARES



No pasado Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Santiago de Compostela, presentouse este documento, elaborado pola Comisión Técnica de Bibliotecas Escolares. 

Nesta Comisión están representados os ámbitos autonómicos relacionados coas bibliotecas escolares. Polo tanto, o documento é froito da experiencia e do consenso. Estivo coordinada por Ana Bernal (Navarra), Casildo Macías (Extremadura) e Cristina Novoa (Galicia).

No documento abórdanse variados aspectos sobre as bibliotecas escolares: modelo de biblioteca escolar, ámbito de actuación, recursos e materiais, organización, formación do profesorado, avaliación, cultura dixital...

Un documento que todo bibliotecario ou bibliotecaria escolar debera ter como "libro de cabeceira". Aquí tendes o enlace para poder descargalo.

CASSANY FALA DE BIBLIOTECAS



Profesor titular da Universitat Pompeu Fabra

Hai apenas quince días, Daniel Cassany participaba no Congreso Bibliotecas Escolares en Tránsito, celebrado en Santiago de Compostela. 

A través de Cristina Novoa, asesora de Bibliotecas Escolares, chéganos este artigo publicado na Revista Escuela, no que o autor rememora o Congreso e aporta a súa visión sobre como imaxina unha biblioteca escolar.

Bibliotecas
              En el pasado congreso de Bibliotecas Escolares en Tránsito, en Santiago, me preguntaron cómo imaginaba una biblioteca escolar. La pregunta tiene trampa: ¿No tendrán pronto todos los centros wifi, portátiles y repositorios en línea de material didáctico? Entonces... ¿tiene sentido gastar dinero en libros y estantes?

              ¡Pues sí! Para mí la biblioteca es un espacio de futuro, un entorno flexible para desarrollar la competencia en información que hoy necesitan los niños, en este mundo digital, globalizado, multicultural e infoxicado. Quizás Internet facilite el acceso a miles de textos, pero darles sentido y convertirlos en conocimiento es otra cosa. Hoy leer es más difícil que ayer, porque hay más textos, en más soportes y lenguas, y con más basura incrustada (exageraciones, mentiras). Los modos de producir, distribuir y recibir datos evolucionan a ritmo frenético, sin descanso. La formación inicial y continuada en información es imprescindible.

             La biblioteca escolar es un lugar, una actividad y un concepto para atacar esta necesidad. Por supuesto, no me imagino una sala de lectura con cajones repletos de fichas de papel, estantes cerrados con candados o carteles pidiendo silencio. Hoy hablamos de CRA o CRAE (centros de recursos para el aprendizaje y la enseñanza) e imaginamos sitios con wifi, enchufes eléctricos, libros y equipamiento informático, con mesas y cabinas para el trabajo en grupo y el visionado de vídeos, con técnicos especializados que asesoran al alumno y colaboran con el docente, con una web potente, interactiva y cargada de vínculos y contenidos, con un horario generoso, dentro y fuera de las asignaturas. Imagino un CRAE que busca los mejores materiales de la red y los adapta a cada materia; gestiona la plataforma de aprendizaje de los alumnos y de coordinación de los profesores (Moodle); prepara y documenta las actividades extraescolares y los proyectos interdisciplinares; orienta a los chicos que leen y escriben en su tiempo libro; actúa de motor de los proyectos educativos del centro. Tiene docentes especializados, formados en documentación e informática, con contrato permanente. Forma parte de una red provincial, autonómica y estatal de bibliotecas escolares, que comparten proyecto, recursos e iniciativas. Lo pagan nuestras instituciones educativas y culturales, de cualquier color político, porque así lo exige la ciudadanía.

              Como cantó John Lennon: You may say that I’m a dreamer, but I’m not the only one. I hope someday you’ll join us...



Realmente clarificador!




domingo, 27 de noviembre de 2011

TRADICIÓNS DE NADAL


O Nadal encerra múltiples tradicións en diferentes puntos do mundo que, por costume, asumimos ano tras ano sen preguntarnos, moitas veces, que significado teñen no conxunto de celebracións que marcan estas entrañables datas.

Típicos do Nadal son elementos ornamentais como o mofo no nacemento, a árbore, a poinsettia, o rusco... que imos investigar.











NOVAS PRODUCCIÓNS DE BANDA DESEÑADA



O grupo de 5ºB comezou a crear algún cómic a partir dunha das súas visitas ao patio.

Tratábase de ver como estaba neste outono a súa árbore apadriñada o ano pasado.


Ides comprobar que a súa maceira tiña as follas repletas de cores do outono: amarelos, laranxas, marróns...


DOCUMENTAL SOBRE MADAGASCAR



Os alumnos e alumnas de 5º B preséntannos neste novo Noticieiro Ecolóxico un Documental sobre a Illa de Madagascar.


Eles descubriron, grazas a unha revista que ía nas nosas mochilas viaxeiras, que é un dos lugares do noso planeta con maior biodiversidade.

Tentados pola curiosidade, puxéronse mans á obra e investigaron sobre esta illa chea de tesouros.

No seu documental tratan unha gran variedade de aspectos coma: a súa localización, diferentes aspectos xeográficos, a flora, a fauna, a súa problemática medioambiental...


GRAZAS A TODO O EQUIPO DESTE GRAN DOCUMENTAL!!!