Grazas a Ana, a nai de Muriel, contactamos coa Asociación.
Só temos fermosas palabras para Pepain, Sidi, Mor e o resto de colaboradores, porque son quen de transmitirnos o mellor de África: a xenerosidade, a donación, o traballo en equipo...
A súa axuda foi enorme de cara á nosa festa de fin de proxecto (da que xa vos daremos conta máis polo miúdo):
- emprestáronnos materiais e obxectos de África para a nosa Exposición de obxectos do mundo;
- agasalláronnos cunha estupenda sorpresa: unha degustación de buñuelos e bissap, típica bebida do Senegal;
- por último, esta mesma mañán, Sidi e Mor estiveron cos alumnos e alumnas do Primeiro e Segundo Ciclos de Primaria, contándonos fermosas historias e tocando o djembé para nós.
Aquí tendes a proba do ben que o temos pasado.
Unha vez máis, grazas a AIDA pola súa xentileza. Ogallá sexamos quen de transmitir o noso agradecemento dun xeito tan caluroso e inconfundible coma vós.

1 comentario:
Estupenda actividade, si que estamos a aprender cousas de terras tan diferentes ás nosas.
Publicar un comentario