A pesar das dificultades que toda longa viaxe entraña, e a pesar da brevidade do acto, só podemos transmitirvos que estamos moi satisfeitos, porque todos os sacrificios pagaron a pena. Non tanto por recibir un recoñecemento ó traballo realizado polo Equipo de Biblioteca do noso Centro, senon, sobre todo, pola marabillosa oportunidade de coñecer ós compañeiros e compañeiras doutros centros e poder compartir con eles unhas horas de charlas e risas.
Grazas por lles poder pór caras a Loly Tobío, do IES Sanxenxo, que acudiu acompañada pola súa Directora, Ánxeles; a Luisa, do C.E.I.P. A Pedra de Bueu, e á súa Xefa de Estudios, Rosa; a Pilar Berrio, do IES Catabois de Ferrol; ás compañeiras do CRA de Tomiño. E grazas por poder compartir mesa y experiencias con Rufino e "Rosariyo", do IES Las Encinas de Sevilla.
E agora, a crónica:
Despois da cea e do aloxamento en Lleida, o venres 28 nos trasladamos en autobús a Fraga, onde poidemos visitar as biblioteca escolares da localidade, que son un auténtico referente no que se refire a dinamización. No noso caso, visitamos a do Colexio Miguel Servet, onde Mariano Coronas e o seu equipo levan a cabo un labor magnífico.
Logo, nos trasladamos ó Palacio de Montcada, onde se desenvolveu o acto, que foi animado polos alumnos e alumnas do Instituto Bajo Cinca e o grupo de Nais Contacontos do Colexio Miguel Servet.
Fixeron entrega dos premios a Secretaria de Estado de Educación, Eva Almunia, e a Conselleira de Educación da Comunidade Autónoma de Aragón. Para clausurar o acto contamos coas palabras sempre certeras, motivadoras e entrañables de Antonio Basanta, Presidente da Fundación Germán Sánchez Ruipérez.
Trala entrega de premios, fixemos a fotografía de familia de rigor, e nos despedimos cuns pinchos.
Despois deste día, temos un diploma novo, pero, sobre todo, temos varios amigos e amigas máis.













