GRAZAS!

A todos os mestres e mestras que, durante estes anos, atopastes inspiración nos posts publicados no noso blog. A todos os membros da Comunidade Educativa que fixestes posible que un sono se convertira en realidade. Ó Equipo de Biblioteca co que tanto aprendín.

Para vós, para sempre: GRAZAS!

miércoles, 27 de enero de 2010

A NOSA CANCIÓN PARA A PAZ






Sueños de un niño. Ese é o título da nosa canción para o Día da Paz. Ogallá os adultos sexamos coma nenos, e soñemos coa Paz. E que non só soñemos, senon que sexamos quen de acadala.

Como non atopamos na Internet o vídeo desta canción tan bonita, decidimos gravala nós mesmos. Desculpade as nosas desafinacións, os nosos desaxustes, e a mala calidade da gravación. Pero... só somos nenos e nenas!

Feliz Día da Paz!



7 comentarios:

Ronsel dijo...

Arrincástesmes sorrisos e máis dunha bágoa. Preciosa actividade e marabilloso coro. Parabéns!

Biblioteca Pino Manso dijo...

Me encantó vuestra canción y esas voces, no se sustituyen con nada. Felicidades

CEIP San Martiño dijo...

Se quixesemos explicar cun exemplo o que é a paz, que mellor imaxe que eses nenos e nenas cantando? CANTAR É PAZ
Felicidades por ese coro, por esa canción, por ese momento de alegría...

O Segrel do Penedo dijo...

Parabéns por esta fermosísima actividade e que o voso soño, que é o tod@s nós, sexa unha realidade.
Apertas pacíficas dende Fene

Encarna dijo...

Parabéns por esta actividade. Moi bonita a canción. Tomamos nota.
Un saúdo dende Pontedeume/CEIP de Andrade.

http://biblioandrade.blogspot.com

Anónimo dijo...

Fue genial,sobre todo por el ambiente que se creó, en el momento en que todos y todas cantamos nuestra canción de la Paz de este año.

Bibliobrey dijo...

Ata hoxe non puiden velo vídeo. Preciosa a canción. Da gusto ver esas caras disfrutando coa música, algo terá que ver a preofe...

Noraboa!!!

Apertas como páxinas dende Ponteareas.

Bea